Personas
personas voluntarias
Coñecín este voluntariado interxeracional por medio dun amigo, que pensou en min como voluntario que podería aportar algo bonito neste proxecto. O ámbito no cal o realicei veu dado polos meus coñecementos sobre a pesca e por todo o que eu podía aportar. Víctor, o meu compañeiro, ensinoume a convivir e interactuar coa cativada. A … Leer más
Coñecín este proxecto por medio do técnico de cultura, quen pensou en min para isto. Coñeciámonos doutros proxectos e penso que foi por isto o que o levou a falarme do voluntariado interxeracional. No meu caso o ámbito foi asignado. Non o habería escollido nun principio porque non coñecía nada deste mundo e foi, para … Leer más
Coñecín o voluntariado interxeracional por medio dun compañeiro que me falou del. Pareceume interesante e decidín participar. De todos os ámbitos, escollín os viñedos por adicarme á viña e ter os coñecementos necesarios. Neste ámbito creo que se deron cousas moi enriquecedoras onde puidemos aprender un do outro e probar novas maneiras de facer. O … Leer más
Entereime da existencia deste voluntariado interxeracional a través da miña avoa que vai ao local social de Vedra. Ela foi quen mo comentou e pareceume interesante participar. O ámbito no cal participei foi o dos viñedos. Escollino por que tiña interese e gústame a agricultura. O meu compañeiro José ensinoume moitas cousas, entre elas as … Leer más
Entereime da existencia deste voluntariado interxeracional por medio do técnico de cultura de Vedra. Dende o primeiro momento interesoume participar nel. O ámbito no cal estiven realmente foime asignado pero era un tema que me interesaba igualmente. A miña compañeira Elvira aportoume moitas cousas positivas e ensinoume a afiar a gadaña, moitas cousas sobre prantas … Leer más
Coñecín este voluntariado interxeracional por medio dun veciño de Vedra. De todos os ámbitos que había escollín o das novas tecnoloxías por ser o que máis me gusta e quero aprender máis sobre isto. O meu compañeiro Carlos ensinoume moitas cousas, entre elas a moverme mellor coas novas tecnoloxías e a relacionarme máis coa xente … Leer más
Coñecín este proxecto por medio do técnico de cultura de Vedra, e animeime a participar. Escollín este ámbito porque era do que menos coñecementos tiña. A miña compañeira Marta ensinoume a utilizar diferentes aplicacións e ferramentas do móbil. Foi moi boa compañeira, sempre explicándome todo con paciencia e moita tenrura. Para min as novas tecnoloxías … Leer más
Coñecín este proxecto por medio do técnico de cultura de Vedra. Escollín este ámbito porque entre as opcións que había era a que máis me gustaba e se amoldaba aos meus coñecementos. Inés, a miña compañeira neste proxecto ensinoume moitas cousas, sobre todo en torno ao teatro. Gustoume pasar o tempo con ela porque había … Leer más
Dende o concello informáronme de que se ía realizar este proxecto e pareceume moi interesante, polo que me animei a participar. Ao comezo asignouseme a área de muíños, da cal non estaba moi convencida por descoñecemento da mesma. Agora, xa casi rematado o proxecto, estou moi agradecida de que así fora. Luís ensinoume numerosas cousas. … Leer más
Debido a que participo en diferentes actividades no centro social de Vedra, entereime da existencia deste proxecto e animeime a participar. Gústame moito recordar o antigo e que a xente nova coñeza como era o pasado. Na miña casa sempre houbo muíño propio, ao que ía dende pequeno coa miña familia a moer. Por iso … Leer más
O meu nome é Miriam. Considérome unha persoa responsable á que lle gusta o traballo en equipo. Penso que se me da ben a resolución de problemas. Gústame pasar tempo coas crianzas e encántanme os animais. Tamén creo que son unha persoa bastante empática. No meu día a día realizo un Ciclo Superior de Educación … Leer más
Por mediación do técnico de cultura de Vedra coñecín este proxecto. Como sempre me gustou traballar na horta, dende o primeiro momento foi o ámbito do proxecto que máis me interesou. A parella que me acompañou neste percorrido prestoume moita atención e mostrou interese en cada explicación que eu lle daba. Algo que me aportou … Leer más