Concello de Vilar de Barrio

Nome do proxecto:

SOMOS REFERENTES III. Concienciación da protección medioambiental. Programa de voluntariado para a sensibilización e eliminación de especies invasoras en zonas de especial sensibilidade ambiental nos concellos de Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e Xunqueira de Ambía.

Data de realización:

18/09/2023 a
31/10/2023

Lugar de realización:

Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e Xunqueira de Ambía (Ourense)

Resumo:

Programa de acción voluntaria que permite a valorización social e patrimonial dos Concellos de Vilar de Barrio, Rairiz de Veiga e Xunqueira de Ambía, de tal modo que se poña en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias no medio rural.
O proxecto consta de dúas fases: un teórica onde se explican nocións sobre especies invasoras en Galicia, así como a metodoloxía para a súa erradicación. Faise fincapé nas especies mais típicas invasoras (por exemplo a Acacia spp) e tamén nas que se soen atopar nos xardíns particulares para que as persoas voluntarias aprendan a identificalas e divulgar a importancia da súa eliminación, e outra práctica, que consiste na eliminación de rodais de especies invasoras, priorizando as Acacias spp mediante diferentes técnicas que se están promovendo na actualidade e a divulgación e concienciación por parte das persoas voluntarias á veciñanza, a través dos coñecementos adquiridos nas xornadas técnicas.

Obxectivos

Desenvolver unha serie de accións de base social que poñan en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias.
– Mellora de coñecementos sobre especies invasoras de Galicia e tratamentos para a súa eliminación.
– Concienciar á poboación xeral sobre as especies invasoras.
– Tratamento de zonas afectadas con especial sensibilidade ambiental.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

3500 persoas

Nº Persoas voluntarias:

20

Identificación de problemas:

O contexto rural dos tres municipios promotores experimenta un fenómeno de sobreenvellecemento no que cada vez hai mais persoas que alcanzan unha idade avanzada, ao tempo que o número de nacementos diminúe e o número de persoas mozas que emigran é maior. Moitas desas persoas máis maiores encóntranse en situación de fraxilidade ou con problemas de dependencia ao que se engade unha realidade de escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Todo elo comporta un risco evidente de illamento e perda de oportunidades.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

Entre 90 e 120 horas.

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

Entre 15 e 20 xornadas.

Orzamento Concedido:

3.742,14 €

Queres facer voluntariado?