Programa

TALENTO INTERXERACIONAL

Que é Talento Interxeracional

O programa, que se enmarca no Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU), fundaméntase en convocatorias de axudas a entidades de acción voluntaria para que presenten proxectos nos que faciliten que persoas de máis de 55 anos transfiran a súa experiencia e bo facer a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos en ámbitos como a recuperación de oficios, a produción agroalimentaria ou a posta en valor do turismo e do patrimonio rural galego

TALENTO INTERXERACIONAL

Finalidade do Programa

Todos os proxectos de voluntariado interxeracional que se desenvolvan asentaránse en cinco piares, que serán comúns en todos eles:

​Contribuír​ á ​modificación​ da​ estrutura​ poboacional e ao aumento da taxa de poboación nas zonas rurais. ​

Ofrecer oportunidades vitais axeitadas ás necesidades reais do medio rural e recoñecer as posibilidades que ofrece, amosando á xuventude as oportunidades de futuro que pode aportar tanto a nivel individual como social.

Recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos e captar as súas necesidades asistenciais, culturais ​ou ​vitais​ máis ​inmediatas ​en​ función​ das súas preferencias e desexos.

Mellorar as condicións de vida e os servizos sociais e asistenciais de proximidade mediante ​un​ modelo​ planificado​ de​ recuperación ​económica​ onde​ se​ poidan​ desenvolver proxectos vitais con certas garantías de futuro e permanencia coa axuda da​ tecnoloxía​ e​ da​ innovación.

Fomentar iniciativas de investigación, innovación e mellora do medio rural coa instauración​ de​ modelos​ de ​intervención​ axeitados ​á​ realidade​ social​ e​ económica​ da​ zona onde se leven a cabo.

O tipo de Proxecto

Todos os proxectos deben contar coa participación de persoas voluntarias a través de grupos interxeracionais, que estarán integrados por un sistema de parellas na que cada persoa voluntaria de 55 ou máis anos encargarase de titorizar a unha persoa voluntaria de 16 a 35 anos.

Todos os proxectos deberán contar cun mínimo de 4 persoas voluntarias e un máximo de 12. A participación de cada persoa voluntaria vai estar comprendida entre os 15 e os 60 días. Se as axudas son solicitadas por concellos fusionados, agrupación de concellos, asociación, mancomunidade ou calquera outra similar poderanse subvencionar proxectos coa participación de ata un máximo de 35 persoas voluntarias e un mínimo de 10 por proxecto.

Todos os proxectos deberán desenvolverse integramente no ámbito territorial de entidades locais de carácter rural, entendendo por tales as que se indican no artigo 3 da orde de convocatoria.

As actividades a desenvolver en cada proxecto deberán estar baseadas no recoñecemento da experiencia das persoas maiores que estimulen as iniciativas das persoas máis novas, en aqueles sectores e actividades que presenten maiores dificultades de relevo xeracional e que estean comprendidos nas liñas especificadas no artigo 6 da orde de convocatoria e permitan achegar novas oportunidades de emprego e asentamento poboacional ao territorio.

As actuacións teñen que ir dirixidas a un ou varios dos seguintes obxectivos

1.

Deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa (ACP).

2.

Recuperación e/ou anovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.

3.

Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sostibles de cara a súa proxección no mercado. ​

4.

Recoñecemento e posta en valor da riqueza medioambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.

5.

Deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.

Liñas subvencionables

Cada proxecto ten que encadrarse, como máximo, en tres das seguintes liñas

Coidados

Proxectos orientados á identificación de situacións e necesidades de coidados, baseadas en casos reais detectados na zona, e enfocados ao acompañamento ou apoio no fogar de persoas autónomas pero que precisen coidados ou apoios puntuais en determinados períodos de tempo, coa finalidade de promover bolsas de emprego con persoas con formación e capacitación para atender as solicitudes detectadas na zona.

AGROgandeira

Proxectos orientados a promover cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional da zona e/ou impulso de novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado en transición cunha economía circular e sostible.

Proxectos orientados ao fomento do relevo xeracional nas explotacións agrogandeiras no ámbito rural galego.

PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Proxectos orientados á protección e/ ou recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas e visualización de zonas especialmente vulnerables desde o punto de vista medioambiental.

Turística e Cultural

Proxectos orientados á promoción do turismo rural e localización de potenciais zonas ou edificacións​ susceptibles​ de ​aproveitamento​ para​ esta ​finalidade.

Proxectos orientados ao fomento da recuperación de oficios tradicionais, coa finalidade de mostrar, entre outros aspectos, as posibilidades de emprego e autoemprego dos mesmos.

Proxectos orientados a converter o patrimonio cultural (arquitectura popular, saberes artesanais e tradicións) en motor de desenvolvemento rural mediante proxectos que o valoricen.

COHESIÓN TECNOLÓXICA E DIXITAL

Proxectos orientados ao deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.

CADA UNHA DAS LIÑAS DEBE CONTAR CUN GRUPO INTERXERACIONAL

Requisitos das Entidades

**Aos efectos desta orde considéranse entidades locais de carácter rural todos os concellos galegos agás: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

Contía da axuda

O orzamento global desta orde de convocatoria ascende a 630.000 euros.

A contía da axuda por proxecto será dun mínimo de 18.000 euros e dun máximo de 30.000, atendendo ao número de persoas voluntarias participantes.

No caso de presentación por máis dunha entidade local conxuntamente, as contías increméntanse entre 45.000 e 75.000 euros respectivamente.

Gastos Subvencionados

1.

Deseño, elaboración e/ou redacción do proxecto, así como o diagnóstico e identificación de oportunidades.

2.

Gastos derivados da formación e capacitación, tanto do persoal da entidade de acción voluntaria como das persoas interesadas.

3.

Gastos ocasionados como consecuencia de viaxes, aloxamento e dietas motivados por reunións de traballo ou formación, que non poderá superar o 10% do custe do proxecto.

4.

Retribucións de carácter extraordinario vinculadas a traballos relacionados coas letras anteriores que realice o persoal propio da entidade local como funcións adicionais ás propias do seu cargo, así como os gastos das entidades asociativas que sexan asimilables a este concepto.

5.

Creación, establecemento, desenvolvemento de modelos efectivos e viables consonte ás directrices e obxectivos requiridos nesta convocatoria e no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

6.

Material funxible non inventariable, necesario para o desenvolvemento do proxecto.

7.

Os gastos das persoas voluntarias que conforman o grupo interxeracional nos que incorran durante a súa xornada. A entidade fará entrega de 6 euros diarios a cada persoa voluntaria participante no proxecto, para cubrir os custos de desprazamento e mantenza. Para iso, deberán acreditar mediante o correspondente acordo a súa colaboración voluntaria durante xornadas de 6 horas diarias. Se a xornada diaria é inferior ás 6 horas, sumaranse as horas diarias ata completar unha xornada de 6 horas.

8.

Os gastos da póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil das persoas voluntarias.

3.

Gastos ocasionados como consecuencia de viaxes, aloxamento e dietas motivados por reunións de traballo ou formación, que non poderá superar o 10% do custe do proxecto.

Xustificación das Axudas

As actividades que se desenvolvan no ano 2022 xustificaranse non máis tarde do 16 de decembro de 2022. Cómpre lembrar que os gastos que se poden computar a 2022 serán os de deseño, elaboración e/ou redacción do proxecto, así como diagnóstico e identificación de oportunidades.

O resto das accións programadas para o exercicio 2023 xustificaranse dentro dese exercicio e non máis tarde do 1 de novembro de 2023.

O programa de voluntariado interxeracional no rural articúlase
mediante unha orde de convocatoria dirixida a entidades de acción voluntaria de Galicia, tanto asociativa  como locais, no marco do proxecto piloto Talento Interxeracional, presentado aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023.

O código de procedemento desta orde de convocatoria, de carácter bianual, é o BS508E.

Presentación de Solicitudes

O prazo para presentar solicitudes é un mes e remata, por tanto, o 27 de outubro. As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por sede electrónica da Xunta de Galicia.

CONVOCATORIAS

ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 14 de decembro de 2022 de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

ORDE do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 27 de setembro de 2023, de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 10 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023 (código de procedemento BS508E).

ORDE do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2024, de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024 (código de procedemento BS508E).

ORDE do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 10 de abril de 2025 de concesión de subvencións ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

ORDE do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS320A).

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución de 20 de outubro de 2023, de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS320A).

ORDE do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 2 de xaneiro de 2026 de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 21 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea_NextGenerationEU, para o ano 2026 (código de procedemento BS508E).