Proxectos

Procurar

Subvencionables

Entidades

Nome do proxecto:

Coidámonos

Data de realización:

01/08/2024
a 31/10/2024

Lugar de realización:

Comarca da Limia (Ourense)

Resumo:

Parellas de persoas voluntarias conformadas por unha persoa maior e un mozo ou moza con discapacidade fan acompañamento a persoas maiores que viven illadas, en soidade ou que teñen dificultades leves para desenvolverse de xeito autónomo e carecen de rede social ou familiar que cubra as súas necesidades.

Nome do proxecto:

Sementando Futuro

Data de realización:

23/09/2024
a 31/10/2024

Lugar de realización:

A Mariña

Resumo:

Este proxecto aproveita o crecente interese da mocidade, especialmente en ciclos de formación profesional da comarca, pola alimentación e sostibilidade como camiño ao emprendemento.

Nome do proxecto:

Compartindo experiencias de vida

Data de realización:

01/01/2024
a 31/10/2024

Lugar de realización:

Mos (Pontevedra)

Resumo:

Este proxecto recoñece as posibilidades que ofrece o medio rural e amosa á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social. Igualmente, tamén recoñece a experiencia das persoas maiores, identificando as súas necesidades asistenciais, culturais e vitais en relación as súas necesidades e intereses.

Nome do proxecto:

Ben-estar na casa: Voluntariado Interxeracional no medio rural

Data de realización:

01/08/2024
a 31/10/2024

Lugar de realización:

Fisterra, Dumbría e Coristanco (A Coruña)

Resumo:

Mellorar a calidade de vida das persoas maiores en situación de vulnerabilidade social e promover a incorporación da iniciativa social na atención ás persoas maiores a través de persoas voluntarias.

Nome do proxecto:

Pontea Interxeracional 2024

Data de realización:

01/01/2024
a 31/10/2024

Lugar de realización:

Ponteareas

Resumo:

Manter e fomentar o patrimonio inmaterial que aínda se conserva grazas ás persoas maiores como recurso turístico, para lograr a conservación da identidade do pobo e ser o motor que fomenta as iniciativas de persoas mozas, revitalice sectores e actividades que se están perdendo e que xa non teñen levo xeracional, pretendendo conseguir que non abandonen a zona.

Queres facer voluntariado?

TALENTO INTERXERACIONAL

Últimas novas