Concello de Mos
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Este proxecto recoñece as posibilidades que ofrece o medio rural e amosa á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social. Igualmente, tamén recoñece a experiencia das persoas maiores, identificando as súas necesidades asistenciais, culturais e vitais en relación as súas necesidades e intereses.
Deste xeito, dende o fomento da solidariedade interxeracional, preténdese impulsar o desenvolvemento económico e social da contorna ao mesmo tempo que se busca un incremento na calidade de vida das persoas maiores.
Obxectivos
– Identificar as situacións e necesidades de coidados na poboación maior do municipio.
– Deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa (ACP).
– Recoñecer á persoa e as súas capacidades.
– Fomentar conexións a nivel emocional e cultural.
– Crear un espazo de encontro interxeracional onde compartir a diversidade de experiencias de vida.
– Construír una relación de confianza, de aprendizaxes compartidas e apoio mutuo.
– Canalizar a posibilidade que teñen as persoas maiores de converterse en persoas activas con experiencia que aportar.
– Facilitar a recuperación de hábitos saudables.
– Procurar atrasar o risco de dependencia.
– Paliar os efectos negativos da soidade e do deterioro propio da idade.
– Fomentar bolsas de emprego para atender as solicitudes detectadas na contorna.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
300 persoas
Nº Persoas voluntarias:
8
Identificación de problemas:
– Incremento de persoas maiores que viven soas, ou que pasan gran parte do día soas no seu domicilio.
– 60 persoas maiores do municipio viven soas e sen familia extensa próxima.
– Identificación de consecuencias físicas e psicoloxías derivadas do illamento social a causa do confinamento (redución de actividades en centros culturais e veciñais, falta de relacións sociais etc.) que derivan en problemas de mobilidade, dores musculares e/ou articulares, illamento, etc.
– Aumento de risco de desenvolver de xeito permanente unha soidade non desexada.
– Risco de desenvolver medo á vellez, desconfianza de sentirse vulnerables e aumento de problemas psicosociais.
– Carencias afectivas que repercuten na autoestima e estado de ánimo das persoas maiores.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60