Asociación Pratodo

Nome do proxecto:

Sementando Futuro

Data de realización:

23/09/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

A Mariña

Resumo:

Este proxecto aproveita o crecente interese da mocidade, especialmente en ciclos de formación profesional da comarca, pola alimentación e sostibilidade como camiño ao emprendemento. “Sementando Futuro” conecta xeracións para preservar e revitalizar o patrimonio agroalimentario de A Mariña.

Obxectivos

Revitalizar a economía rural de A Mariña a través da transferencia de coñecementos interxeracionais no sector agroalimentario.

– Facilitar que persoas maiores con experiencia en actividades agroalimentarias tradicionais compartan o seu coñecemento con mozas e mozos emprendedores.
– Fomentar o emprendemento xuvenil no ámbito rural.
– Promover prácticas sostibles e ecolóxicas na produción agroalimentaria.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

3600 persoas

Nº Persoas voluntarias:

6

Identificación de problemas:

A comarca de A Mariña enfronta desafíos como o envellecemento da poboación e a falta de oportunidades laborais para a mocidade, o que leva á despoboación rural.
O sector agroalimentario, vital para a rexión, experimentou un declive debido á falta de relevo xeracional e á industrialización. Existen coñecementos valiosos nas persoas maiores que poderían revitalizar o sector se se compartisen adecuadamente.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

90

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

15

Orzamento Concedido:

11.521,80 €

Queres facer voluntariado?