Concello de Ponteareas / Oficina Municipal de Voluntariado

Nome do proxecto:

Pontea Interxeracional 2024

Data de realización:

01/01/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

Ponteareas

Resumo:

Manter e fomentar o patrimonio inmaterial que aínda se conserva grazas ás persoas maiores como recurso turístico, para lograr a conservación da identidade do pobo e ser o motor que fomenta as iniciativas de persoas mozas, revitalice sectores e actividades que se están perdendo e que xa non teñen levo xeracional, pretendendo conseguir que non abandonen a zona.
Dotar ás persoas participantes de coñecementos e/ou materiais para o uso de diferentes recursos tecnolóxicos. Ademais de obter experiencias que lles abran diferentes ofertas laborais e fomentar a comunidade e difusión turística da riqueza do lugar no ámbito patrimonial, cultural, tradicional, musical, social, ambiental, etc.
Protección e recuperación do entorno natural e o seus beneficios tanto para a saúde integral como para fixar poboación e mellorar a economía local. Ademais de favorecer a participación de persoas maiores de baixos recursos, con problemas para desprazarse e que viven illadas.

Obxectivos

– Recuperar espazos e actividades de socialización interxeracional, contribuíndo a revitalizar a vida
comunitaria.
– Fomentar o traballo en grupo para mellorar as habilidades persoais de cara a unha socialización
exitosa.
– Contribuír á conservación do patrimonio inmaterial, preservando e transmitindo usos e costumes
tradicionais en risco de esquecemento.
– Estimular o crecemento persoal das persoas participantes, mellorando a súa autoestima.
– Concienciar sobre a necesidade de protección e recuperación das especies autóctonas e das zonas
de especial sensibilidade ambiental, usos e costumes do uso da auga e terra a nivel agrícola, etc.
– Manter ou recuperar certas profesións que están a punto de extinguirse dando a posibilidade de
seguir tendo servizos no rural.
– Poñer en valor a riqueza medioambiental, patrimonial, etnográfica e social como posible motor
turístico.
– Potenciar a difusión do pobo, despertando a creatividade xuvenil, dándolles o soporte da experiencia dos nosos maiores.
– Promover actitudes que incidan sobre o coidado da saúde mental tanto dos participantes como dos destinatarios das accións.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

23154 persoas

Nº Persoas voluntarias:

14

Identificación de problemas:

– Necesidade de socialización, tanto por la falta de espazos e actividades como pola carencia de habilidades persoais. Necesidade de promover o coidado da saúde mental e de mellorar a autoestima.
– Necesidade de conservar o patrimonio inmaterial como cohesionador da identidade dun pobo.
– Necesidade de manter os coñecementos que proporciona a experiencia e as vivencias da terra, a nosa cultura minifundista.
– Necesidade de poder ver e practicar oficios que xa se están extinguindo.
– Necesidade de aumentar a concienciación sobre as problemáticas medioambientais.
– Necesidade de promover o coidado da saúde mental e de mellorar a autoestima.
– Necesidade de ollar doutra maneira a posibles oportunidades que brinda o rural e que non son recoñecidas ou identificadas pola falta de vivencias e aprendizaxes.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

25.000,00 €

Queres facer voluntariado?