Publicada a orde pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións vinculadas co proxecto Talento Interxeracional para o ano 2025

A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria  dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025 (código de procedemento BS508E).

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 Con esta axudas a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude procura poñer en contacto a persoas de 55 anos ou máis con mozos e mozas de 16 a 35 anos. Deste xeito, este grupo desenvolverá conxuntamente iniciativas de investigación, innovación e mellora do medio rural, a través de accións axeitadas á realidade social e económica da zona onde se leven a cabo.

Con esta finalidade, terase en conta que os programas que se presenten teñan como obxectivo a estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa, a recuperación ou anovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona ou o Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sustentables de cara á súa mellor proxección e posición no mercado.

Ademais, tamén se valorará que as intervencións procuren o recoñecemento e posta en valor da riqueza medioambiental, patrimonial ou turística da localidade onde se executen. De igual forma, priorizaranse aqueles proxectos que busquen implantar novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.

Queres facer voluntariado?