Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca de a Limia

Nome do proxecto:

Coidámonos

Data de realización:

01/08/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

Comarca da Limia (Ourense)

Resumo:

Parellas de persoas voluntarias conformadas por unha persoa maior e un mozo ou moza con discapacidade fan acompañamento a persoas maiores que viven illadas, en soidade ou que teñen dificultades leves para desenvolverse de xeito autónomo e carecen de rede social ou familiar que cubra as súas necesidades.
As labores especificas son básicas, de ocio, ou de apoio e acompañamento non profesional: quedar para momentos de ocio compartido (dar un paseo, charlar, tomar un café, xogar ó dominó ou ás cartas…), acompañamento en xestións e actividades da vida diaria (acompañamento a recados, á compra, axuda en xestións relacionadas coas novas tecnoloxías…) ou apoio no domicilio en tarefas básicas non asistenciais (cociña compartida, calceta, costura, axudarlle a facer as camas…)

Obxectivos

Recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e mostrarlle á xuventude as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.
Prestar apoio e acompañamento a persoas maiores que viven en soidade, ofrecendo oportunidades vitais axeitadas ás necesidades reais do medio rural e a mellorar as condicións de vida e os servizos sociais e asistenciais.

– Intercambiar coñecementos e experiencias entre as diferentes xeracións participantes do programa.
– Promover o altruísmo e o voluntariado para crear redes de apoio social de xeito natural e non institucionalizadas.
– Eliminar estereotipos sobre as persoas maiores e as persoas con discapacidade intelectual e crear unha imaxe máis social e dinámica destes colectivos.
– Fomentar a cooperación interxeracional e relacións sociais entre persoas mozas con discapacidade intelectual e persoas maiores, como xeito de aprendizaxe mutua.
– Aumentar a cantidade e a calidade de relacións sociais tanto das persoas maiores, como das persoas con diversidade funcional.
– Poñer en práctica os coñecementos adquiridos ao longo da súa vida e os adquiridos tamén na propia formación do proxecto.
– Mellorar o benestar e o estado de ánimo, así como a satisfacción pola propia vida das persoas beneficiarias e das voluntarias.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

24 persoas

Nº Persoas voluntarias:

5

Identificación de problemas:

Todos os servizos de LIMISI desenvólvense en concellos pequenos, con necesidades moi típicas das zonas rurais, xa que o nivel social e a taxa de desemprego é unha das problemáticas máis grandes, tamén o despoboamento nas aldeas, o envellecemento, a escaseza de servizos, etc. Nestes lugares rurais o propio entorno pode chegar a converterse nun problema: falta de transporte público adaptado e accesibilidade, dependencia da familia e rede de amigos, unha baixa densidade de poboación, escaseza de recursos públicos e privados e menor capacidade para acceder aos mesmos, falta de conciencia social, coñecemento sobre o colectivo e falta tamén de sensibilidade… Isto pode traducirse ademais nun illamento que chega a facer invisibles ás persoas con diversidade funcional, o que en moitas ocasións interfire sobre unha maior desatención por parte das administracións públicas e un aumento exponencial do risco de exclusión social.
O rural pode ser un espazo cheo de posibilidades e potencialidades para as persoas con diversidade funcional. O cambio social é posible e esas posibilidades e potencialidades veranse multiplicadas neste proxecto a través da figura do voluntariado. Por outra banda as persoas con inquietudes sociais e carácter altruísta e solidario apenas teñen posibilidades de desenvolverse e prestar axuda sen desprazarse do seu entorno rural, pola inexistencia ou escasa oferta de programas de voluntariado.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

15.000,00 €

Queres facer voluntariado?