Escola de Tempo Libre Colaxe
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Mellorar a calidade de vida das persoas maiores en situación de vulnerabilidade social e promover a incorporación da iniciativa social na atención ás persoas maiores a través de persoas voluntarias.
Dar apoio interxeracional entre as persoas voluntarias onde se enriquezan mutuamente, e se recoñeza a experiencia das persoas maiores a través da vivencia e o intercambio de talento, experiencias e de coñecemento.
Obxectivos
– Fomentar o voluntariado responsable e capaz a través de accións formativas e de fidelización, escollendo ás persoas voluntarias máis axeitadas para o correcto desenvolvemento das tarefas, e facer un seguimento da súa labor co fin de maximizar os beneficios da acción voluntaria tanto para as persoas beneficiarias como para a propia persoa voluntaria.
– Acompañar ás persoas maiores que viven soas para paliar a soidade e illamento.
– Impulsar o interese das persoas mozas por novos obxectivos laborais de especial necesidade na zona, como poden ser os coidados ás persoas máis maiores.
– Aliviar a carga das persoas coidadoras no acompañamento á persoa maior, realizando unha pequena labor de “respiro familiar”.
– Promover o voluntariado de persoas maiores para maiores, como contribución ao envellecemento activo e participativo.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
25 persoas
Nº Persoas voluntarias:
10
Identificación de problemas:
A Costa da Morte conforma un amplo sector de costa galega, sen embargo caracterízase por unha evolución demográfica claramente regresiva e continuada no tempo dende mediados do século pasado, o que implica unha perda moi significativa de poboación.
A diminución continuada da poboación implica un descenso do potencial socioeconómico da zona, e a súa vez, unha perda de poboación irremediable e imparable, un proceso cada vez máis acusado debido ao envellecemento da súa estrutura demográfica.
Esta perda poboacional non é homoxénea. A poboación tende a agruparse en determinados núcleos ou referentes urbanos, sendo aquelas zonas máis rurais e menos poboadas as que sofren maior abandono. A poboación máis nova abandona as zonas rurais para buscar outras con mellores posibilidades económicas e laborais, máis urbanas e con máis servizos. Isto afecta de maneira directa e indirecta aos servizos destinados ás persoas maiores no rural, nos que se lles ofrece coidado e/ou compañía, dado que é case inexistente un relevo xeracional que supla estes postos de traballo.
Todos estes factores favorecen a que a atención á poboación máis avellentada non vexa cuberta as súas necesidades básicas da vida diaria, como por exemplo o ocio, podendo provocar certa sensación de soidade e/ou illamento.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
90
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
15