Asociación Ecos do Sur
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Reducir o envellecemento e a perda de poboación dos municipios galegos de Xermade, Ourol e Muras a través dun proxecto de reactivación social e económica que favoreza que persoas vulnerables residentes en urbes abandonen a bolsa de exclusión, mellorando a súa cualificación e facilitando a súa inserción laboral en territorios rurais con proxectos de emprendemento e conta allea que impulsen un ecosistema social e emprendedor de ámbito local que aproveite as oportunidades que ofrece o medio rural. A través dos encontros entre mulleres rurais e persoas inmigrantes, potenciase a creación dun grupo, onde as persoas que viven no rural se sintan menos illadas, as persoas inmigrantes crean redes de apoio e a comarca se beneficia do aumento da poboación e dos servizos que isto supón. Ademais, o mesmo grupo participará nas actividades tradicionais como a limpeza comunitaria de espazos rurais provocando a mellora do medio ambiente rural e a prevención dos riscos dos incendios forestais.
Obxectivos
Obxectivo xeral: Paliar o illamento e potenciar a participación en actividades colectivas das persoas envellecidas que habitan no rural mediante a realización de actividades de voluntariado, favorecendo a integración das persoas inmigrantes no contexto rural e na sociedade de acollida.
Obxectivos específicos: Incrementar as redes de apoio, potenciación da cultura e a dinamización rural, promovendo a activación social no rural e creando un tecido colaborativo, así como promover a importancia da limpeza de espazos rurais.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
1.768 persoas
Nº Persoas voluntarias:
8
Identificación de problemas:
O crecente despoboamento do rural e o incremento das desigualdades no urbano son dous dos grandes problemas que afrontan as sociedades avanzadas. En Galicia, estes procesos evolucionan segundo unhas características propias pero inseridas na tendencia xeral de Europa, na que conflúen aspectos como o envellecemento da poboación e o aumento da poboación nas cidades.
É necesario destacar que o 97,2% da poboación galega vive no 35% da superficie de Galicia, o que supón un alto grao de concentración da poboación nos territorios máis dinámicos economicamente. Isto xera fortes desequilibrios territoriais e demográficos, creando fortes dicotomías entre o rural e o urbano.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
90
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
15