Fundación Amigos de la Barrera

Nome do proxecto:

ACTIVA-T NO RURAL

Data de realización:

26/07/2023 a
19/10/2023

Lugar de realización:

Ourense, Seoane (Allariz), Cartelle (Ourense), Sobrado do Bispo (Ourense), Pontevedra, Salvaterra de Miño (Pontevedra), A Estrada (Pontevedra), Vigo (Pontevedra), A Coruña , Arzúa (A Coruña), Lugo e Ferreira de Pantón (Lugo).

Resumo:

Promoción de actividades realizadas a través de encontros interxeracionais en diversas zonas rurais da xeografía galega. A través destes encontros, as persoas voluntarias novas tomarán conciencia da riqueza da Galicia rural e axudarán ás persoas maiores a poñer en marcha un sinxelo plan de activación para a promoción do envellecemento activo e saudable. As persoas maiores aportan o seu coñecemento do lugar e a súa valoración da cultura, tradición ou riqueza natural propias da súa zona, e as persoas novas achéganlles actividades e iniciativas novas e así poder promocionalas a través das novas tecnoloxías.

Obxectivos

– Coidado persoal a persoas maiores de 55 anos no ámbito rural a través da promoción de actividades comunitarias, de encontro persoal, orientadas a poñer en marcha un sinxelo pero eficaz plan de promoción turística da poboación na que resida o maior para desenvolver tamén a memoria positiva.
– Promover a conexión de xeracións, de modo que os mozos e mozas acheguen acompañamento ás persoas maiores, incrementando a oferta local de iniciativas de carácter preventivo dirixidas a mellorar a calidade de vida e a calidade do proceso de envellecemento nas persoas maiores do medio rural e animar ás persoas maiores a incorporar estilos de vida máis saudables, para evitar a perda de habilidades e capacidades.
– Ofrecer ás persoas maiores espazos de participación que incrementen a súa presenza como suxeitos activos e participativos nas súas comunidades instaurando, a través das redes sociais e diversos vídeos gravados e editados, a promoción de actividades, lugares, monumentos, etc. do patrimonio cultural e ambiental galego a través de procesos sinérxicos de micropromotores turísticos e sociais.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

500 persoas

Nº Persoas voluntarias:

14

Identificación de problemas:

O illamento social, a inercia de vida que leva á pasividade e ao sedentarismo, así como a ausencia de proxectos de realización persoal, fai que a calidade de vida decreza a medida que aumenta a idade. Esta afirmación asáñase aínda máis coa poboación maior que vive no medio rural onde, precisamente, a media de idade é superior e hai unha importante carencia de servizos. Por outra banda, existe unha desconexión xeracional entre estas persoas maiores e novas (moi mediatizadas pola cultura en liña).

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

10.000 €

Queres facer voluntariado?