Concello de A Veiga
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
No termo municipal de A Veiga existen dous encoros: O Encoro de Prada e o Encoro de Santa Olaia, a realización deste proxecto céntrase no Encoro de Prada por ser o único navegable. A construción de barcas fluviais novas de madeira entrou en decadencia, non é posible a restauración, rehabilitación ou recuperación de barcas fluviais polo que o proxecto pretende a réplica de antigas barcas de madeira. Por iso, preténdese recuperar a tradición barqueira no municipio.
Este proxecto supón un recoñecemento e un rescate do esquecemento de pobos asolagados, de aldeas perdidas, de igrexas trasladadas e santos esquecidos, de emigrantes e de residentes que sufriron a construción dun encoro e que, cincuenta anos despois, son quen de admirar a beleza da paisaxe que conformou o Encoro de Prada.
Obxectivos
Recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á xuventude as oportunidades de futuro que pode achegar a nivel individual e social.
– Recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos.
– Recuperar actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
– Impulsar a calidade de vida da xuventude no medio rural e de montaña que constitúe o concello da Veiga.
– Recoñecer e poñer en valor a riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
– Empoderar ás persoas maiores na sociedade a través da súa participación directa na execución das actividades.
– Crear unha sociedade de futuro a través da transmisión de coñecementos.
– Fomentar as redes de cooperación e colaboración interxeracional.
– Poñer de manifesto os valores de cooperación e colaboración interxeracional.
– Vivenciar e intercambiar o talento, experiencias vitais e de coñecemento, fomentando unha convivencia respectuosa e solidaria.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
200 persoas
Nº Persoas voluntarias:
10
Identificación de problemas:
O Concello de A Veiga, comparte a problemática do resto de municipios rurais de Galicia: Perda progresiva de poboación, avellentamento da poboación, baixo índice de natalidade, dificultade das comunicación, illamento das áreas urbanas, dispersión dos núcleos de poboación, baixa renta per cápita, o que ocasionou a forte emigración á que se viu sometida este territorio, alto grado de abandono das construcións tradicionais, unido á emigración veu o abandono de moitas das aldeas que conservan a arquitectura tradicional de alta montaña, economía fortemente orientada ao sector primario, principalmente a gandería, baixo grado de asociacionismo, apenas existen asociacións e as existentes contan con poucos asociados e escasa actividade, baixo grado de exportación de materias primas elaboradas, a pesar de ser un concello cunha gran riqueza de recursos primarios con capacidade para xerar emprego e fixar poboación, a tendencia é a exportación de materia prima sen transformar.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
138
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
23