Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga

Nome do proxecto:

Somos Referentes II. Programa de voluntariado para a valorización social e patrimonial dos Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga.

Data de realización:

25/08/2023 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga (Ourense)

Resumo:

Programa de acción voluntaria que permite a valorización social e patrimonial dos Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga. De tal modo que se poña en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias no medio rural.
Os Concellos participantes neste programa están dotados de numerosas mostras dun rico pasado medieval. Moito deste patrimonio está situado fisicamente en paredes que actualmente son palleiras en desuso e mesmamente en casas rehabilitadas con dubidoso gusto arquitectónico. A través deste programa trátase de sensibilizar ás persoas voluntarias e a poboación en xeral, a través da realización dun rigoroso inventario en todas e cada unha das parroquias dos tres concellos. Unha vez realizado, incorporarase á relación de bens patrimoniais a conservar. Este inventario vai acompañado de fotografías, localización, réxime de propiedade, memoria explicativa da conservación e no seu caso historia recollida da memoria colectiva.

Obxectivos

– Valorización social e patrimonial dos Concellos de Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Rairiz de Veiga.
– Desenvolver accións que poñan en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias segundo a liña da promoción do turismo rural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

3500 persoas

Nº Persoas voluntarias:

22

Identificación de problemas:

Os Concellos participantes neste programa non son unha excepción con respecto aos das comarcas naturais nas que están enclavados, están dotados de numerosas mostras dun rico pasado medieval: casas de marqueses, escudos de casas señoriais, arquitectura civil, igrexas e capelas, petos de ánimas, cruceiros, pelouros, cacipos, etc. Moito deste patrimonio está situado fisicamente en paredes que actualmente son palleiras en desuso e mesmamente en casas rehabilitadas con dubidoso gusto arquitectónico.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

300

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

50

Orzamento Concedido:

8.359,33 €

Queres facer voluntariado?