Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Intercambio de experiencias entre as mariscadoras tradicionais e as novas que se incorporan a este mercado, pois estes son os dous perfís de mariscadoras na actualidade. Hai unha falta de profesionais de idade media, entre os trinta e os cincuenta anos. As mariscadoras maiores teñen moito que transmitir ás novas xeracións, o coñecemento das mareas, o estado da mar, do ceo, son cousas que non se aprenden nos cursos.
Da mesma maneira as persoas voluntarias mais mozas utilizan novas tecnoloxías para ver o estado da mar, do tempo, a baixamar, a previsión meteorolóxica…
Intercambio de información sobre as ferramentas de traballo.
Obxectivos
– Loita contra o despoboamento. A busca de solucións laborais no sector do marisqueo nos municipios costeiros, contribúe a manter á poboación moza. Que formen familia e un proxecto vital nestes municipios. Deste xeito lógrase gañar asentamento poboacional no medio rural.
– Desenvolvemento dun oficio tradicional, que está a metade de camiño entre a tradición, o traballo manual e as novas tecnoloxías e recursos modernos.
– Aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias. A través destes grupos interxeracionais recoñécese a experiencia das persoas maiores.
– Fomentar o relevo xeracional para achegar novas oportunidades laborais.
– Recoñecer o marisqueo como un elemento dinamizador social e económico do medio rural e recoñecer as posibilidades de futuro que o marisqueo amosa á xuventude futura.
– Fomentar a igualdade e inclusión das persoas maiores.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
14 persoas
Nº Persoas voluntarias:
14
Identificación de problemas:
O sector marisqueiro xoga un papel fundamental na economía e na cultura de Galicia. Moitas comunidades costeiras dependen desta actividade como fonte de emprego e medios de vida. As mulleres teñen un papel destacado no marisqueo. Adoitan participar na recolección de marisco e desempeñan un papel vital na economía familiar e na comunidade costeira. A presenza activa das mulleres no marisqueo contribúe á igualdade de xénero e á diversidade no sector. Nas últimas décadas, a idade media das mariscadoras foi aumentando por falta de relevo laboral. As mulleres novas buscaron outras alternativas nas cidades. Esta situación foise revertendo nos últimos anos. Desde a crise iniciada en 2008, a mocidade non tivo máis remedio que buscar un traballo alternativo no marisqueo. Sen dúbida, as mariscadoras tradicionais teñen moita bagaxe, experiencia e cultura que transmitir ás novas xeracións.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
132
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
22