Concello de San Xoán de Río

Nome do proxecto:

Entre pares: Voluntariado interxeracional no rural ourensano

Data de realización:

17/10/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

San Xoán de Río (Ourense)

Resumo:

Creación dun ecosistema de voluntariado de carácter interxeracional e outros axentes do territorio que promovan a innovación e as novas oportunidades a través da cocreación e a colaboración.
Co fin de xerar un proxecto cooperativo no territorio contribuíndo ao crecemento e a consolidación de novos proxectos de emprendemento, aproveitando a experiencia das persoas maiores, utilízase unha metodoloxía baseada na formación experiencial e mentoring, combinando as sesións teóricas con dinámicas prácticas, obradoiros no territorio, visitas guiadas a entidades colaboradoras, e actividades para fomentar a convivencia e o sentido de comunidade entre as persoas voluntarias.

Obxectivos

– Crear un ecosistema de voluntariado de carácter interxeneracional e outros axentes do territorio que promovan a innovación e as novas oportunidades a través da cocreación e a colaboración.

– Romper o illamento das persoas maiores ampliando as súas oportunidades de participación social, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, sobre todo das mulleres que realizaron un papel moi produtivo na sociedade.
– Dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais que ten o concello e impulsar novas oportunidades de inserción laboral para os mozos e mozas do municipio.
– Fomentar o uso das novas tecnoloxías por parte das persoas maiores, proporcionándolles un apoio e acompañamento no seu proceso de formación e utilización das TIC.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

50 persoas

Nº Persoas voluntarias:

4

Identificación de problemas:

O concello de San Xoán de Río pertence ao oriente ourensán e destaca polo importante índice de envellecemento da súa poboación como consecuencia da esperanza de vida máis elevada e o baixo índice de natalidade actual. A este envellecemento hai que engadir o importante despoboamento, debido sobre todo o éxodo rural da xuventude cara as cidades na procura de emprego. Atopamos un entorno rural onde a escaseza de recursos e servizos son unha realidade que ocasiona que as persoas que o habitan carezan dunha serie de atencións básicas para o seu desenvolvemento persoal, social e laboral.
Ademais do despoboamento e o envellecemento, outro problema é a situación de illamento, que dificulta os desprazamentos da poboación maior, favorecendo a súa exclusión e dificultando o acceso aos escasos servizos cos que conta a zona, así como a chegada da información aos pobos máis afastados do núcleo dos concellos. Esta situación dificulta a posibilidade de xerar redes de apoio social e inflúe directamente na calidade de vida dos seus habitantes, especialmente no grupo das persoas maiores.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

90

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

15

Orzamento Concedido:

15.000,00 €

Queres facer voluntariado?