Concello de Vilar de Barrio

Nome do proxecto:

Somos referentes IV: Voluntariado interxeracional medioambiental e de recuperación de microtopónimos

Data de realización:

01/09/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

Vilar de Barrio (Ourense)

Resumo:

Posta en valor do voluntariado, favorecendo actividades de carácter interxeracional que motiven a valorización social e patrimonial do Concello de Vilar de Barrio.

Obxectivos

– Protección do medioambiente: proxectos orientados á protección e/ou recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas e visualización de zonas especialmente vulnerables desde o punto de vista ambiental.
– Turística: proxectos orientados á promoción do turismo rural e localización de potenciais zonas ou edificacións susceptibles de aproveitamento para esta finalidade.
– Cohesión tecnolóxica e dixital: proxectos orientados ao deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
– Recoñecemento e posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
– Deseño e estruturación de novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan as necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

1.199 persoas

Nº Persoas voluntarias:

7

Identificación de problemas:

Os principais problemas que se queren abordar a través deste proxecto están enfocados na desconexión entre a xuventude, con pouco arraigo no rural e a xente maior que vive nel. Trátase de vencellar estes dous grupos de poboación a través do medioambiente e da contextualización de espazos:
– Por un lado, o contexto rural do municipio experimenta un fenómeno de sobreenvellecemento no que cada vez hai máis persoas que alcanzan unha idade avanzada, ao tempo que o número de nacementos diminúe e o número de persoas mozas que emigran é maior. Moitas desas persoas encóntranse cunha realidade propia do rural galego de escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Todo elo comporta un risco evidente de illamento e perda de oportunidades.
– A falta de relevo xeracional e a desconexión da xente nova, que migrou ou xa naceu noutros núcleos poboacionais mais grandes, fai que non se identifiquen nin se interesen por recoñecer os espazos que forman parte da toponimia da zona e que só pervive na tradición oral, o que provoca que moitos deses espazos perdan o seu nome pola falta de transmisión xeracional.
– A falta de concienciación medioambiental fai que o concello presente puntos concretos onde se acumulan residuos descontrolados. Ademais de residuos puntuais como plásticos, latas, botellas ao marxe das estradas e na beira dos ríos que empobrece a calidade paisaxística e medioambiental da zona.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

Entre 90 e 180 horas

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

Entre 15 e 30 días

Orzamento Concedido:

1.990,29 €

Queres facer voluntariado?