Valoresc Innovation
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Programa de voluntariado participativo e solidario, para un envellecemento activo e o crecemento vital para a mocidade, que ten como fin último unha transformación social e o desenvolvemento comunitario no rural a través da creación dunha comunidade de transferencia de coñecemento e de talento.
Detección das necesidades da zona coa axuda das persoas voluntarias. Necesidades das persoas maiores dependentes como prioritarias, ou con necesidades especiais, realización dun estudo das necesidades básicas e coidados, así como a creación dunha bolsa de emprego para a atención e acompañamento destas persoas.
Dar a coñecer e engadir valor as zonas rurais da provincia de Ourense.
Desenvolvemento de varias formacións en competencias dixitais para o achegamento ás novas tecnoloxías e para axudarlles a manterse activos e con adaptación aos novos tempos (uso do móbil whatsapp, informática…)
Obxectivos
– Aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias implicadas para contribuír á modificación da estrutura poboacional.
– Tratar de aumentar a taxa de poboación nas zonas rurais, ofrecendo oportunidades vitais axeitadas ás necesidades reais do medio rural.
– Mellorar as condicións de vida e os servizos sociais e asistenciais de proximidade, mediante un modelo planificado de recuperación económica onde se poidan desenvolver proxectos vitais con certas garantías de futuro e permanencia coa axuda da tecnoloxía e da innovación.
– Axudar e colaborar en iniciativas de investigación, innovación e mellora do medio rural coa instauración de modelos de intervención axeitados á realidade social e económica da zona onde se leven a cabo.
– Recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á mocidade as oportunidades de futuro que pode ofertar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.
– Axudar no plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión, na modernización e reforzo do conxunto dos servizos sociais, con especial atención ao modelo de coidados de longa duración, promovendo así a innovación e un modelo de atención centrada na persoa e impulsando a desinstitucionalización.
– Realizar actividades baseadas no recoñecemento da experiencia das persoas maiores que poidan servir como catalizador para fomentar as iniciativas das persoas máis novas.
– Achegar novas oportunidades de emprego e asentamento poboacional.
– Promover e dar valor ao rural, a paisaxe e riqueza desas zonas, poñendo en valor o patrimonio cultural, riqueza paisaxística, etc.
– Axuda na cobertura das necesidades e coidados básicos de maneira puntual ou durante un período de tempo daquelas persoas maiores con necesidades específicas.
– Enriquecemento persoal das persoas voluntarias a través das vivencias e o intercambio de ideas, coñecemento e talento.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
2200 persoas
Nº Persoas voluntarias:
14
Identificación de problemas:
Investigando e comparando a situación das persoas maiores e diversas problemáticas para mellorar a nosa sociedade, compróbase que unha comunidade de persoas maiores en interacción con actividades interxeracionais fai que ditas persoas poidan ser máis lonxevas. Cando as persoas maiores realizan actividades fai que sexan máis felices, que a súa vida siga tendo sentido e un propósito. Promover unha filosofía máis de equipo e comunidade, solidaria e participativa con persoas que queren que a cidade teña un futuro mellor, e sobre todo no rural, permite deixar as súas experiencias de vida e coñecementos a vindeiras xeracións e contribuirá a minimizar problemas varios detectados en diferentes ámbitos da nosa sociedade, en concreto en áreas rurais.
– O despoboamento e a falta de atractivo e de novas oportunidades para o asentamento da mocidade.
– A dispersión xeográfica xerando redes de conexión entre as persoas do territorio rural.
– Ter que modificar a economía dos coidados e facer fronte á necesidade de reforzo das políticas de igualdade e inclusión, de modernización e reforzo do conxunto dos servizos sociais.
– Facer fronte á soidade, illamento emocional e falta de coidados centrados na persoa para mellorar a calidade de vida das persoas maiores.
– Carencia de modelos dixitais en moitos fogares do rural.
– Necesidade de colocar no mapa a territorios que non o están.
– Facer fronte ao cambio climático promovendo tamén outros modelos de relación e de vida máis humanos e sostibles no tempo.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60