Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
A posta en marcha deste proxecto interxeracional permite levar a cabo varias iniciativas para a promoción do cultivo ecolóxico e transformación do centeo da Mezquita dun xeito tradicional. A intención é realizar o proceso completo, involucrando ás persoas voluntarias -mozas e maiores- en todas e cada unha das tarefas: sementado, sega, malla, moer e peneirar, elaboración do pan e feira de artesanía.
Obxectivos
Levar a cabo unha promoción do cultivo ecolóxico do centeo e da súa transformación tradicional no proceso da transformación, involucrando a distintas xeracións e traspasando os coñecementos das persoas maiores maiores ás máis mozas.
– Recuperar e renovar actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
– Impulsar iniciativas locais encamiñadas a produción do centeo.
– Contribuír a unha economía circular e sostible.
– Garantir a transmisión de coñecementos de xeracións en xeracións.
– Poñer en valor os recursos naturais cos que conta o municipio.
– Establecer o pan de centeo -produto final do proceso- como elemento de referencia na localidade.
– Sensibilizar á poboación para a súa participación en accións de carácter voluntario.
– Outorgar a importancia que se merece á formación non formal.
– Fomentar o voluntariado como estratexia de mellora na calidade de vida da comunidade rural.
– Aportar á xuventude unha visión da existencia de oportunidades no medio rural.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
300 persoas
Nº Persoas voluntarias:
14
Identificación de problemas:
As características xeográficas do municipio da Mezquita, onde se enmarca este proxecto de promoción do cultivo ecolóxico e transformación do centeo dun xeito tradicional, determinan dun xeito idóneo a viabilidade deste proxecto.
No ano 2019, a entidade local decidiu poñer en marcha unha plantación de centeo do país e trigo callobre, tratábase dun proxecto piloto no que se pretendía analizar a viabilidade deste cultivo, así como a súa transformación dun xeito tradicional. Tras coñecer as características detalladas de ambos cultivos, levouse a cabo un estudo dos factores físicos, bióticos e socio-económicos da zona para coñecer a viabilidade da plantación de centeo do país e trigo callobre. A Mezquita caracterizouse así como un enclave idóneo para o cultivo de ambos cereais.
Un proxecto para a recuperación de terras mediante a plantación do centeo que resultou ser absolutamente viable, aínda que existen no camiño certas trabas como a inexistencia dun relevo xeracional nas tarefas, o escaso coñecemento por parte das novas xeracións do cultivo de ambos cereais ou a falta de man de obra para levar a cabo as distintas fases do proceso.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60