Concello de Vedra
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Programa de Voluntariado Interxeracional no medio rural, que mistura coñecementos de idades dispares, todos eles referentes ao patrimonio e memoria histórica do Concello de Vedra, terra de cultivo condicionado ao tempo meteorolóxico existentes e aos ciclos para sementar cada unha das materias primas que nacen nestas terras.
Este programa busca unha achega social e comunitaria; que pon en valor a aportación do voluntariado como ferramenta, o enriquecemento social das persoas voluntarias e os resultados aportados ao lugar.
Obxectivos
– Poñer en valor as achegas das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da nosa comunidade.
– Promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos.
– Crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.
– Promover cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional do Val do Ulla.
– Impulsar novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado.
– Poñer en valor o saber popular e mantemento das tradicións no sector agroalimentario.
– Dar a coñecer o Concello de Vedra e a súa riqueza a nivel patrimonial, cultural e histórica.
– Fomentar o turismo rural do lugar con alternativas de ocio e tempo libre.
– Localizar zonas de especial interese para o fomento do turismo.
– Identificar edificacións ou contornas susceptibles de aproveitamento para o sector turístico.
– Incrementar os coñecementos dos lugares de interese identificados, das súas actividades e memoria histórica a través da transmisión do saber popular.
– Crear espazos inclusivos nos que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades, sen influencias da súa idade, xénero ou situación socio-económica.
– Levar a cabo accións que fomenten valores de igualdade dende unha perspectiva de xénero.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
5000 persoas
Nº Persoas voluntarias:
6
Identificación de problemas:
– A dispersión xeográfica fai que gran parte da poboación teña un difícil acceso a servizos e recursos de primeira necesidade, así como limita as relacións interpersoais.
– Os espazos de ocio tamén presentan limitacións para o seu acceso pola dispersión xeográfica, incrementando así o illamento social existente.
– Os servizos especializados dirixidos a colectivos de persoas maiores (centros sociais), teñen o condicionante de poder acceder a través do transporte.
– Paralela a unha conexión dixital moi presente na xuventude, estase dando unha desconexión co mundo natural (contacto co noso entorno máis próximo e coidados das nosas terras).
– As realidades do uso dos tempos nas unidades de convivencia fan que a conciliación sexa difícil e non sempre se poidan cubrir correctamente as necesidades de atención e coidado de forma íntegra.
– As necesidades de conciliación, en ocasións, son cubertas cos servizos dependentes das institucións, quedando lonxe o factor humano e as relacións persoais de proximidade.
– As habilidades e capacidades adquiridas a través da formación e experiencia no sector a través dun voluntariado, trae consigo a adquisición de valores como a solidariedade, comprensión, empatía, escoita activa… moi válidos e necesarios para calquera sector do eidos laboral, persoal ou familiar e que non se adquiren en espazos formativos oficiais (institutos, universidades, empresas …)
– Existe un illamento dixital das persoas maiores que non foron educadas na sociedade tecnolóxica actual.
– A falta de capacitación das persoas maiores para desenvolverse nas novas sociedades da información e da comunicación é unha realidade que se fai máis plausible en contextos rurais como o do Concello de Vedra.
– O propio concello está perdendo poboación e man de obra no sector primario por un avance brusco doutros sectores.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60