Agrupación de Concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía

Preténdese desenvolver un programa de acción voluntaria que permita a valorización social e patrimonial dos concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía. De tal modo que se poña en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias no medio rural.

Nome do proxecto:

Somos referentes. Programa de voluntariado para a valorización social e patrimonial dos concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía.

Data de realización:

01/12/2022 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía

Resumo:

O proxecto pretende desenvolver unha serie de accións de base social que poñan en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias.

Obxectivos

Coidados: proxectos orientados á identificación de situacións e necesidades de coidados, mellorar a calidade de vida e benestar das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar e evitar o illamento e soidade mediante actividades de acompañamento (telefónico e/ou domiciliario), persoas autónomas pero que precisan coidados ou apoios puntuais en determinados períodos de tempo, coa finalidade de promover bolsas de emprego con persoas con formación e capacitación para atender as solicitudes detectadas na zona.
Favorecer a comunicación e a participación activa, a través do fomento das relacións interpersoais e de encontros interxeracionais ofrecendo aos maiores uns espazos para intercambiar coñecementos e competencias, facilitando a transferencia do seu saber e experiencia. Fomentar o emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Recuperar tradicións e costumes que se están perdendo e que representan a identidade da zona (oficios, profesións, artesanía). Fomento da lectura.
Protección do ambiente: proxectos orientados á protección e/ou recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas e visualización de zonas especialmente vulnerables desde o punto de vista ambiental.
Transmisión de saberes nas formas de relacionarse co medio. Mellora da integración cognitiva das novas xeracións. * Fomentar valores de respecto e custodia polo territorio. * Ampliación do coñecemento de fauna e flora dos diferentes municipios promotores. * Tratamento preventivo de lumes forestais.
Turística: proxectos orientados á promoción do turismo rural e localización de potenciais zonas ou edificacións susceptibles de aproveitamento turístico.
Organización e promoción de actividades relacionadas co Camiño de Santiago que comparten os tres municipios promotores.
Organización e promoción de actividades relacionadas coa recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
Organización e promoción de actividades relacionadas coa posta en valor do medio rural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

O número de persoas beneficiarias é infinito, xa que se ben a liña 1 atenderá só ás persoas usuarias do servizo de Axuda no Fogar dos tres municipios (próximo ao cento de persoas) as accións das outras dúas liñas non se centran en ningún colectivo específico, podendo ser beneficiarias do traballo voluntario calquera habitante dos tres municipios (próximo ás 3500 persoas) ou visitantes que se achegue ata eles.

Nº Persoas voluntarias:

As actividades desenvolveranse en grupos interxeracionais integrados por un sistema de parellas en que cada persoa voluntaria de 55 ou máis anos se encargará de titorizar a unha persoa voluntaria de entre 16 e 35 anos.

Identificación de problemas:

O contexto rural dos tres municipios promotores experimenta un fenómeno de sobreenvellecemento no que cada vez hai máis persoas que alcanzan unha idade avanzada, ao tempo que o número de nacementos diminúe e o número de persoas mozas que emigran é maior. Moitas desas persoas máis maiores encóntranse en situación de fraxilidade ou con problemas de dependencia ao que se engade unha realidade de escaseza de servizos e ausencia de intervencións. Todo elo comporta un risco evidente de illamento e perda de oportunidades. Trátase de mudar a percepción das persoas máis novas sobre o seu propio territorio, ao tempo que dar cobertura ás necesidades das persoas máis maiores, co fin de inverter esta tendencia demográfica, empregando os recursos cos que estes mesmos municipios contan para fixar poboación e o desenvolvemento de actividades emprendedoras nas zonas.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

Cada persoa voluntaria dedicará un máximo de 6 horas por día de traballo voluntario a este proxecto.

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

O número de días totais do proxecto establécese en 60 xornadas, intercalando, as actividades de coordinación estratéxica e avaliacións parciais.

Orzamento Concedido:

59.857,00 €

Anualidade 2022

25.056,14 €

Anualidade 2023

34.800,86 €

Queres facer voluntariado?