Asociación Esgaia Inserta
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Recuperación de colmeas e creación dunha pequena explotación apícola.
O Soutiño confórmano unha serie de eidos de titularidade particular en estado de completo abandono dende hai máis de vinte anos. O abandono é un dos grandes problemas da nosa comunidade autónoma, o aproveitamento de terras sen acceso nin servidume, posto que os propietarios as partiron entre os fillos “a partes iguais” cando había unha ligazón familiar común e non había problema para ceder os pasos, posto que se traballaban en familia, deu paso ao abandono primeiramente polo éxodo do rural, quedando os eidos sen aproveitar, posto que os novos propietarios, en moitos casos descoñecen da existencia destes eidos, viven no estranxeiro ou fora de Galicia, non están interesados na explotación dos eidos e, en caso de querer vendelos ou explotalos, non o poden facer debido o reducido tamaño dos mesmos e/ou a falta de acceso.
O estado de abandono destes eidos, xera un gran conflito entre os veciños lindeiros, posto que hai un gran risco de incendios forestais.
Obxectivos
Recuperar as colmeas situadas no Soutiño.
Obxectivos específicos:
– Formar en materia ambiental mediante accións de recuperación, conservación e acondicionamento dun antigo souto de carballos e castiñeiros.
– Capacitar en reciclaxe, carpintería e aproveitamento de recursos naturais para o acondicionamento das vellas colmeas en colaboración cas persoas voluntarias maiores con experiencia nestes eidos.
– Concienciar en materia ambiental, a través de accións de protección das colmeas mediante a instalación de sistemas de protección fronte á avespa velutina e o seu tratamento como especie invasora.
– Formar en materia de apicultura coa colaboración dos técnicos de “O vello colmear” e con dúas das persoas voluntarias maiores que tiveron colmeas.
– Capacitar para o uso de ferramentas para a restauración e protección das colmeas, na medida das posibilidades por idade e capacidades das persoas que participan.
– Formar en voluntariado para fins ambientais e de recuperación de oficios tradicionais.
– Dar de alta unha explotación apícola.
– Introducir 4 enxames de abellas.
– Recuperar zonas e oficios tradicionais galegos a través da cooperación Interxeracional.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
Habitantes do Concello de Coles.
Nº Persoas voluntarias:
8
Identificación de problemas:
O Soutiño confórmano unha serie de eidos de titulariedade particular en estado de completo abandono dende hai máis de vinte anos. O abandono é un dos grandes problemas da nosa comunidade autónoma, en moitos casos os propietarios descoñecen da existencia destes eidos, viven no estranxeiro ou fora de Galicia, non están interesados na súa explotación e, en caso de querer vendelos ou explotalos, non o poden facer debido o reducido tamaño dos mesmos e/ou a falta de acceso, contacto cos outros propietarios ou descoñecemento dos mesmos.
O estado de abandono destes eidos, xera un grande conflito entre os veciños colindantes, posto que hai un grande risco de incendios forestais e o estar situados a máis de 50 metros do núcleo principal, o concello non realiza as tarefas de limpeza.
Faise precisa unha labor de investigación para contactar cos propietarios e acadar que cedan os eidos para a súa limpeza e aproveitamento.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60