Asociación Esgaia Inserta

Nome do proxecto:

O can na Horta

Data de realización:

01/10/2022 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Coles

Resumo:

Servizo de coidado de animais de persoas maiores que temporalmente non poidan encargarse dos mesmos, reparto de produtos da horta entre familias necesitadas ou comedores sociais e recuperación de contornas.

Obxectivos

Fomentar a interxeneracionalidade e o voluntariado mediante a xestión dun programa executado por 7 persoas voluntarias maiores emparelladas con 7 persoas voluntarias mozas, que ofrecerá servizos para persoas que viven no rural e que teñen horta e animais domésticos, dando prioridade a adultos maiores, por medio da creación dunha rede de persoas que recibirán capacitación para o coidado destes animais e o mantemento e xestión dos recursos agrícolas das pequenas explotacións agrícolas para consumo propio (hortas).

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

80 (persoas en situación / risco de exclusión social, persoas da contorna que son propietarias de animais de compañía e/ou de hortas, viñedos ou eidos en estado de abandono).

Nº Persoas voluntarias:

14

Identificación de problemas:

A entidade está nun “lugar” que en Galicia equivale a un núcleo de poboación do rural con baixa densidade de poboación e encadrado dentro dunha parroquia.
A oferta no Concello de Coles de alugueiro de inmobles é cara e escasa, ademais de carecer de facilidades de transporte coa capital e moi escasas opcións de traballo, o que a limita a “poboación dormitorio” cuxa poboación, aínda que non está tan envellecida como a media galega, conta cunha maioría de persoas maiores, tendo a poboación en activo o seu posto de traballo na capital, aínda que é un dos concellos polos que primeiro preguntan os que buscan instalarse no rural. A realidade é que, pese a que hai un grande número de vivendas abandonadas, derruídas e semiderruídas, as persoas maiores son remisas á venda desas propiedades

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

25.000,00 €

Anualidade 2022

10.465,00 €

Anualidade 2023

14.535,00 €

Queres facer voluntariado?