Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC

Nome do proxecto:

Marisqueo. Transmisión do coñecemento

Data de realización:

01/08/2023 a
20/10/2023

Lugar de realización:

A Coruña: Muros, Noia, Ribeira, Boiro, Rianxo; Pontevedra: Vilagarcía, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Cambados e Marín.

Resumo:

Intercambio de experiencias entre as mariscadoras tradicionais e as novas que se incorporan a este mercado, pois estes son os dous perfís de mariscadoras na actualidade. Hai unha falta de profesionais de idade media, entre os trinta e os cincuenta anos. As mariscadoras maiores teñen moito que transmitir ás novas xeracións, o coñecemento das mareas, o estado da mar, do ceo, son cousas que non se aprenden nos cursos. Da mesma maneira as persoas voluntarias máis novas utilizan novas tecnoloxías para ver o estado da mar, do tempo, a baixamar, a previsión meteorolóxica…
Trátase dun intercambio cultural, de coñecemento e de experiencias.

Obxectivos

– Loita contra o despoboamento. A procura de solucións laborais no sector do marisqueo nos municipios costeiros, contribuirá a manter á poboación nova, que formen familias e un proxecto vital nestes municipios. Deste xeito lograrán gañar asentamento poboacional no medio rural.
– Desenvolvemento dun oficio tradicional. Que está a metade de camiño entre a tradición, o traballo manual e as novas tecnoloxías e recursos modernos.
– Aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias. A través destes grupos interxeracionais recoñécese a experiencia das persoas maiores.
– Fomentar relevo xeracional para achegar novas oportunidades laborais.
– Recoñecer o marisqueo como un elemento dinamizador social e económico do medio rural. Recoñecer as posibilidades de futuro que o marisqueo amosa á xuventude futura.
– Fomentar a igualdade e inclusión das persoas maiores.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

10

Nº Persoas voluntarias:

10 persoas

Identificación de problemas:

O sector marisqueiro xoga un papel fundamental na economía e na cultura de Galicia. Moitas comunidades costeiras dependen desta actividade como fonte de emprego e medios de vida. As mulleres teñen un papel destacado no marisqueo. Adoitan participar
na recolección de marisco e desempeñan un papel vital na economía familiar e na comunidade costeira. A presenza activa das mulleres no marisqueo contribúe á igualdade de xénero e á diversidade no sector. Nas últimas décadas, a idade media das mariscadoras foi aumentando por falta de relevo laboral. As mulleres novas buscaron outras alternativas nas cidades. Esta situación foise revertendo nos últimos anos. Desde a crise iniciada en 2008, a mocidade non tivo máis remedio que buscar un traballo alternativo no marisqueo. Sen dúbida, as mariscadoras tradicionais teñen moita bagaxe, experiencia e cultura que transmitir ás novas xeracións.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

132

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

22

Orzamento Concedido:

4.185,00 €

Queres facer voluntariado?