Concello de Ames

Nome do proxecto:

A Memoria de Ames

Data de realización:

01/12/2022 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Concello de Ames

Resumo:

É un proxecto de desenvolvemento local e de grande interese social que combina tres perspectivas: a social, a cultural e a turística, e que ten como finalidade principal a recuperación da memoria dos lugares a través dos recordos das persoas que habitan eses lugares, co obxectivo de fomentar a convivencia e o encontro entre a veciñanza a través de actividades culturais, medioambientais, de lecer,… e totalmente exportable a calquera outro lugar do concello.

Obxectivos

Recoñecer a posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial e/ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.
Deseñar e estruturar os novos modelos dixitais ou tecnolóxicos que atendan ás necesidades da zona ou que permitan mellorar os existentes.
Deseñar e estruturar unha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa. O envellecemento poboacional, os problemas económicos, e a necesidade de facer fronte a situacións de emerxencia, expoñen novos retos á hora de cubrir e garantir a adecuada cobertura destes servizos fundamentais.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

32115 persoas

Nº Persoas voluntarias:

14

Identificación de problemas:

O Concello de Ames conta cunha poboación de 32.115 habitantes, unha superficie de 94 km² e conta con 116 entidades de poboación e 11 parroquias todas elas con unha gran riqueza patrimonial tanto material como inmaterial que temos a obriga de poñer en valor e sobre todo recuperala e dala a coñecer a través dos recordos das persoas que habitan eses lugares.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

240

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

40

Orzamento Concedido:

23.591,71 €

Anualidade 2022

9.875,49 €

Anualidade 2023

13.716,22 €

Queres facer voluntariado?