Concello de Cenlle

Nome do proxecto:

TANDEM. Proxecto de voluntariado interxeracional no Concello de Cenlle

Data de realización:

14/11/2022 a
13/08/2023

Lugar de realización:

Concello de Cenlle

Resumo:

Iniciativas de investigación, innovación e mellora do medio rural coa instauración de modelos de intervención axeitados á realidade social e económica da zona. A finalidade do proxecto é dar a coñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e mostrar á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.

Obxectivos

-Sensibilizar sobre o coidado e respecto do medio ambiente e do patrimonio de Cenlle.
-Dar valor engadido ás actividades culturais e eventos deportivos de todo tipo realizadas no concello.
-Por en valor o traballo voluntario
-Recuperación e/ou renovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
-Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sustentables de cara á súa proxección no mercado.
-Recoñecemento e posta en valor da riqueza ambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

90 persoas

Nº Persoas voluntarias:

4

Identificación de problemas:

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

15.000,00 €

Anualidade 2022

6.279,00 €

Anualidade 2023

8.721,00 €

Queres facer voluntariado?