Concello de Nogueira de Ramuín

Nome do proxecto:

Coñecendo as nosas raíces

Data de realización:

24/07/2023 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Nogueira de Ramuín (Ourense).

Resumo:

Realización de diversas actividades para fomentar o turismo rural. Interpretación do patrimonio mediante a súa posta en valor.
Estudo de desenvolvemento comunitario que xorde tras a necesidade de fomentar a vida laboral da mocidade no ámbito rural, preténdese crear unha unión entre os diferentes colectivos de idade.
A interacción de todas as xeracións é de suma importancia para poder coñecer as raíces para crear unha pegada da identidade. Saber do esforzo das persoas maiores para procurar facer as cousas no futuro dun xeito máis responsable, ser coñecedores das súas historias de vida, as súas lendas contadas en primeira persoa fará que os viaxeiros ademais de visitar a zona tamén queiran volver.

Obxectivos

– Promover e impulsar toda clase de actividades xeradoras de desenvolvemento económico e social nas zonas rurais.
– Fomentar as relacións interpersoais entre persoas adultas e mozas.
– Xestionar a diversidade rural no marco dos procesos de globalización social, económica e cultural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

120 persoas

Nº Persoas voluntarias:

4

Identificación de problemas:

Este proxecto é un estudo de desenvolvemento comunitario que xorde tras a necesidade de fomentar a vida laboral da xuventude no ámbito rural. A importancia de todas as xeracións do concello é de suma importancia para poder coñecer as raíces para crear unha pegada importante da identidade, de saber onde vivimos e cara onde nos queremos dirixir. Saber o esforzo das persoas maiores para procurar facer as cousas no futuro dun xeito máis responsable e sobre todo de tratar que se sintan útiles nunha sociedade onde se lles está apartando do mundo.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

186

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

31

Orzamento Concedido:

6.888,72 €

Queres facer voluntariado?