Concello de Nogueira de Ramuín

Nome do proxecto:

Coidando e protexendo o medio ambiente

Data de realización:

01/03/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

Nogueira de Ramuín (Ourense)

Resumo:

Estudo de desenvolvemento comunitario que xorde tras detectar a gran deforestación que hai no ámbito rural.
A temática principal deste proxecto foi concienciar a toda a poboación sobre a importancia de acadar a sustentabilidade no medio ambiente.

Obxectivos

– Sensibilizar á poboación para que o medio ambiente forme parte dos seus compromisos de vida dende a infancia.
– Fomentar a reforestación para mellorar a sustentabilidade medioambiental.
– Promover as relacións interpersoais entre os diferentes grupos de idades.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

110 persoas

Nº Persoas voluntarias:

4

Identificación de problemas:

Este proxecto trátase dun estudo de desenvolvemento comunitario que xorde tras detectar a gran deforestación que hai no ámbito rural. A perda das masas forestais ten a súa principal orixe nas actividades humanas aínda que tamén se pode ver influenciada por causas naturais como poden ser os cambios climáticos ou a desertización. Por esta razón, as ameazas que xorden nos bosques do planeta son un dos maiores problemas de sustentabilidade da nosa época. A deforestación e a degradación forestal son as principais causas da diminución da biodiversidade sendo a expansión dos terreos agrícolas os responsables do case 80% desta deforestación mundial. Polo tanto, as emisións derivadas do cambio do uso da terra son a segunda causa do cambio climático, trala queima de combustibles fósiles e representa polo menos o 12% de todas as emisións de gases de efecto invernadoiro. A deforestación tamén pode ter graves repercusións nos medios de subsistencia das persoas máis vulnerables.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

306

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

51

Orzamento Concedido:

15.000,00 €

Queres facer voluntariado?