Concello de Nogueira de Ramuín
Turismo rural que fomenta a convivencia, costumes e tradicións locais. Inclúe coidado das rutas, recollida de lixo, información sobre Nogueira de Ramuín e excursións para destacar o patrimonio local.
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
As actividades baséanse no turismo rural, onde turistas/visitantes entren en contacto coa comunidade e poidan observar diferentes aspecto de convivencia, costumes e tradicións da rexión. Actividades como: coidado das rutas de sendeirismo, recollida de lixo como protección do medio ambiente nas parroquias, información sobre Nogueira de Ramuín e excursións dirixidas a dar a coñecer o patrimonio do concello.
Obxectivos
Promover o asentamento da xente nova no ámbito rural.
Favorecer as relacións interpersoais entre adultos e novos.
Impulsar o desenvolvemento de actividades no rural.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
60 persoas
Nº Persoas voluntarias:
4
Identificación de problemas:
A evolución demográfica en España foi cambiando cos anos sendo no ano 2000 onde se atopa un cambio notorio en canto á poboación.
Desde este mesmo ano, os pobos baleiráronse mentres as cidades crecían, empuxadas pola constante chegada de poboación estranxeira. E o segmento de poboación por encima dos 65 anos foi aumentando aos poucos non só nas aldeas, senón tamén nos núcleos poboacionais máis grandes.
Hoxe, un quinto da poboación das grandes cidades de España compóñeno persoas en idade de xubilación, tal e como se desprende da análise dos datos do padrón municipal de Nogueira de Ramuín no que constan máis falecementos que nacementos.
Segundo os datos publicados polo INE ao 1 de xaneiro de 2021 o número de habitantes en Nogueira de Ramuín é de 2.067 habitantes.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60