Concello de Ponteareas / Oficina Municipal de Voluntariado
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Apoio ao traballo que realizan os diferentes servizos sociais do concello, ofrecendo un modelo centrado na atención personalizada ás persoas vulnerables: facilitar acceso a internet e outros recursos informáticos a persoas en situación de vulnerabilidade, reparto de alimentos perecedoiros, acompañamentos en domicilio para persoas que viven soas ou axuda nos trámites diarios (consultas médicas, xestións coa administración, bancos, …)
Atención a familias en situación de vulnerabilidade, a persoas maiores que viven illadas e a persoas maiores de baixos recursos económicos con problemas de desprazamento e que viven soas sen rede de apoio familiar.
Obxectivos
– Facilitar o acceso a internet e outros recursos informáticos a persoas en situación de vulnerabilidade.
Coidados: Garantir o apoio ás persoas vulnerables axudando na xestión de citas e documentación relacionada con servizos sanitarios, administrativos e bancarios, especialmente
por internet.
Dixitalización: Alfabetización dixital.
– Estimular o crecemento persoal das persoas participantes, mellorando a súa autoestima.
– Promover actitudes que incidan sobre o coidado da saúde mental tanto dos participantes como dos destinatarios das accións.
– Recuperar espazos e actividades de socialización interxeracional, contribuíndo á revitalizar a vida comunitaria.
– Fomentar o traballo en grupo para mellorar as habilidades persoais de cara a unha socialización exitosa.
– Contribuír á conservación o patrimonio inmaterial, preservando e transmitindo usos e costumes tradicionais en risco de esquecemento.
– Concienciar sobre a necesidade de protección e recuperación das especies autóctonas e das zonas de especial sensibilidade ambiental.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
3400 persoas
Nº Persoas voluntarias:
9
Identificación de problemas:
Necesidade de apoio en relación con servizos sanitarios, administrativos ou bancarios a través de internet.
Necesidade de promover o coidado da saúde mental e de mellorar a autoestima.
Necesidade de socialización, tanto pola falta de espazos e actividades como pola carencia de habilidades persoais para esa socialización.
Necesidade de conservar o patrimonio inmaterial como unión da identidade dun pobo.
Necesidade de aumentar a concienciación sobre as problemáticas medioambientais.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
Entre 180 e 360 horas.
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
Entre 30 e 60 días.