Concello de San Xoán de Río
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.
Obxectivos
Xeral: Crear un ecosistema de voluntariado de carácter interxeneracional e outros axentes do territorio que promovan a innovación e as novas oportunidades a través da cocreación e a colaboración.
Específicos: Ampliar as oportunidades de participación social das persoas maiores aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, sobre todo das mulleres que realizaron un papel moi produtivo na sociedade.
‐ Fomentar actividades formativas, de intercambio de experiencias e coñecementos en torno a agroalimentación, protección do medio ambiente, ao turismo, á silver economy, a bioeconomía e as novas tecnoloxías.
‐ Mellorar as perspectivas de crecemento persoal e posta en valor, e impulsar novas oportunidades de inserción laboral para os mozos e as mozas.
‐ Promover o emprendemento e a innovación como pancas de cambio, impulsando proxectos sobre o uso sostible dos recursos naturais e culturais.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
O total de persoas beneficiarias poden pasar das 100, entre beneficiarios directos e indirectos.
Nº Persoas voluntarias:
14 persoas voluntarias, 7 cunha idade comprendida entre 16 e 35 anos e, as outras 7 maiores de 55 anos
Identificación de problemas:
San Xoán de Río é un municipio de montaña situado no oriente ourensán. Ten unha superficie de 61,7 quilómetros cadrados e está formado por 59 núcleos poboacionais repartidos en 9 parroquias. Conta con 509 habitantes, cunha idade media de 62,2 anos e unha porcentaxe de poboación maior de 65 anos do 51,37. O envellecemento da poboación unido á dispersión, dificulta a súa participación e interacción social.
A problemática fundamental é:
– Despoboación
– Envellecemento
– Dispersión poboacional
– Escaseza de servizos de transporte, o que aumenta o sentimento de soidade nas personas maiores e dificulta a súa participación social, o que fixo que parte do noso patrimonio cultural, económico e biolóxico se fose perdendo ou se fose abandonando.
– Perda oportunidades laborais na mocidade, que levou á xente xove a buscar noutros concellos e cidades o seu futuro laboral.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
180
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
30