Concello de Vedra

Nome do proxecto:

Uve de

Data de realización:

15/11/2022 a
15/10/2023

Lugar de realización:

Concello de Vedra

Resumo:

Promover o turismo do concello de Vedra, localizando e identificado zonas potenciais de especial interese e promovendo a súa dinamización, publicidades e memoria histórica.
Liña agroalimentaria “Agrovedra”: Vedra é referente na produción vitivinícola. Ademais, é coñecida como a Horta de Santiago, por contar con importantes empresas produtoras do sector horticultor e contar con mostras de renome dentro da agricultura ecolóxica. Por este motivo, propoñemos o proxecto Agrovedra; un xeito de transmitir o coñecemento nos xeitos de producir, tendo como base a aportación de persoas que levan gran parte da súa vida dedicándose a iso.
Liña Dixital “Vedrea”: O proxecto VedreA ten como finalidade achegar e conectar. Moitas veces o mundo dixital fai que se desconecte parte da poboación que non manexa ou non ten acceso ás novas tecnoloxías. Identificar este problema para poder intervir e conectar coñecementos entre maiores e xuventude será o obxectivo desta liña.

Obxectivos

– Poñer en valor as aportacións das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da nosa comunidade.
– Promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos.
– Crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

Si falamos de poboación indirecta o número incrementase ata a totalidade do número de habitantes do concello, falando así de preto de 5000 persoas beneficiarias. Na intervención dirixida ao ámbito turístico serán máis de 2000 persoas que dalgún xeito visiten Vedra ou obteñan beneficios do turismo que se realiza polo municipio.

Nº Persoas voluntarias:

12

Identificación de problemas:

– A dispersión xeográfica fai que gran parte da poboación teña un difícil acceso a servizos e recursos de primeira necesidade, así como limita as relacións interpersoais.
– Os espazos de ocio tamén presentan limitacións para o seu acceso pola dispersión xeográfica, incrementando así o illamento social existente.
– Os servizos especializados dirixidos a colectivos de persoas maiores (centros sociais), teñen o condicionante de poder acceder a través do transporte.
– As realidades do uso dos tempos nas unidades de convivencia fan que a conciliación sexa difícil e non sempre se poidan cubrir correctamente as necesidades de atención e coidado de forma íntegra.
– As necesidades de conciliación, en ocasións, son cubertas cos servizos dependentes de institucións, quedando lonxe o factor humano e as relacións persoais de proximidade.
– As habilidades e capacidades adquiridas a través da formación e experiencia no sector a través dun voluntariado, trae consigo a adquisición de valores como a solidariedade, comprensión, empatía, escoita activa, … moi válidos e necesarios para calquera sector do eidos laboral, persoal ou familiar e que non se adquiren en espazos formativos oficiais (institutos, universidades, empresas, …)
– Existe un illamento dixital das persoas maiores que non foron educadas na sociedade tecnolóxica actual.
– A falta de capacitación das persoas maiores para desenvolverse nas novas sociedades da información e da comunicación é unha realidade que se fai máis plausible en contextos rurais como o do Concello de Vedra.
– O propio concello está perdendo poboación e man de obra no sector primario por un avance brusco doutros sectores.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60 días en xornadas de 6 horas

Orzamento Concedido:

15.936,53 €

Anualidade 2022

6.670,81 €

Anualidade 2023

9.265,72 €

Queres facer voluntariado?