Escola de Tempo Libre Colaxe
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Proxecto orientado á identificación de situacións e necesidades de coidados, baseadas en casos reais detectados na zona, e enfocados ao acompañamento ou apoio no fogar de persoas autónomas pero que precisen coidados ou apoios puntuais en determinados períodos de tempo, coa finalidade de promover bolsas de emprego con persoas con formación e capacitación para atender as solicitudes detectadas na zona.
Desenvolvéronse actividades enfocadas no acompañamento no seu día a día, non só a nivel físico, senón, aínda máis se cabe, a nivel afectivo e cognitivo e abrindo a posibilidade do teleacompañamento.
Obxectivos
– Recoñecer o valor intrínseco da acción voluntaria e a súa proxección nesta intervención, así como o enriquecemento persoal das persoas voluntarias.
– Considerar a experiencia das persoas máis maiores e fomentar as iniciativas das persoas máis novas.
– Potenciar a vivencia e o intercambio de talento, experiencias vitais e de coñecemento, fomentando unha convivencia respectuosa e solidaria entre as persoas participantes, unha actitude participativa, a equidade de xénero, os hábitos de vida saudables e un comportamento responsable co medio rural e natural.
– Favorecer o deseño e estruturación dunha nova economía de coidados baseada na atención centrada na persoa.
– Impulsar a recuperación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
55 persoas
Nº Persoas voluntarias:
12
Identificación de problemas:
A Costa da Morte conforma un amplo sector de costa galega, sen embargo, caracterízase por unha evolución demográfica claramente regresiva e continuada no tempo dende mediados do século pasado, o que implica unha perda moi significativa de poboación. A diminución continuada da poboación conleva un descenso do potencial socioeconómico da zona, e a súa vez, unha perda de poboación irremediable e imparable, un proceso cada vez máis acusado debido ao envellecemento da súa estrutura demográfica. Esta perda poboacional non é homoxénea, a poboación tende a agruparse en determinados núcleos ou referentes urbanos, sendo aquelas zonas máis rurais e menos poboadas as que sofren maior abandono. As persoas máis novas abandonan as zonas máis rurais, de campo, para buscar outras zonas con mellores posibilidades económicas e laborais, máis urbanas e con máis servizos. A día de hoxe, están a xurdir iniciativas para paliar esta situación e poder revertela. Entre elas está a rede de cooperativas de coidados (sen ánimo de lucro) de Casas do Maior.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
300
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
50