Escola de Tempo Libre Colaxe
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Trátase dun proxecto innovador na zona xa que introduce novas prácticas no fomento de experiencias e na solidaridade no ámbito cultural, educativo e social traballando en rede e promocionando os novos aspectos de actuación psicosocial nas Casas do Maior como futuros espacios de intervención para os voluntarios.
Con este proxecto preténdese dar resposta a dúas grandes necesidades do rural:
Por un lado, en canto ás persoas voluntarias, propoñemos un proxecto de voluntariado interxeracional baseado nun sistema de parellas, que conte cunha persoa voluntaria de máis de 55 anos que titorizará a outra menor de 35, para recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos.
Polo outro lado, referíndonos ás persoas maiores ás que vai destinado este programa, damos resposta á necesidade de atención que precisan aquelas persoas que viven en situación de soidade e vulnerabilidade. Non soamente se trata de acompañalos durante unhas horas, senón tamén de intentar evitar as consecuencias negativas que estas situacións producen co paso do tempo: illamento, depresión, baixa autoestima… Perseguimos promover un envellecemento digno e a asistencia ás familias de persoas maiores con dependencia. Pretendemos axudarlle aos maiores a conectar co novo mundo dixital e ensinarlles a empregar todo tipo de ferramentas tecnolóxicas para que poidan, máis tarde, realizar eles mesmos as actividades do día a día, e ao mesmo tempo facerlles acompañamento afectivo.
Obxectivos
Dar apoio interxeracional entre as persoas voluntarias onde se enriquezan mutuamente (novos e maiores) a través da vivencia e o intercambio de talento, experiencias vitais e de coñecemento. Dar acompañamento afectivo e transmitir coñecementos, tanto de envellecemento saudable como tecnolóxicos, aos maiores mediante unha economía de coidados baseada na atención centrada na persoa mellorando a súa calidade de vida no rural.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
55 persoas maiores que fan uso das casas do Maior.
Nº Persoas voluntarias:
12
Identificación de problemas:
Existe un progresivo envellecemento da poboación, como consecuencia da esperanza de vida máis elevada e os baixos índices de natalidade actuais, que impiden, dende fai anos, o reemplazamento xeracional.
Por outro lado, hoxe en día hai un despoboamento do rural debido ao éxodo rural, sendo un auténtico problema para as zonas de campo. Os máis novos tratan de construír unha vida lonxe do lugar do nacemento, cambiando á cidade para buscar un traballo máis cualificado e mellor remunerado onde atopan unha sanidade, educación, vivenda e equipamentos de calidade. O principal motivo que leva ao éxodo do rural é a busca dun mellor mundo laboral.
Polo tanto, a realidade caracterízase pola dualidade e os desequilibrios: o envellecemento e o despoboamento de boa parte do territorio rural.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
300 horas
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
50 días