Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
Desenvolver actividades propias de oficios tradicionais (ebanistería, tallado en madeira, calceta e ganchillo) e de promoción da agricultura sustentable e xardinería.
Obxectivos
– Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
– Ofertar distintos ámbitos profesionais dentro do proxecto.
– Buscar diferentes perfís de persoas voluntarias.
– Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do Concello de Allariz
– Ofertar actividades con proxección profesional a longo prazo no medio rural.
– Recuperar actividades en desuso na actualidade dentro do área de influencia do proxecto.
– Contaxiar un papel activo en persoas maiores de 55 anos e menores de 35.
– Presentar as experiencias vividas en ámbitos da familia, traballo, veciños, educativos…
– Interrelación entre as persoas voluntarias e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
– Interrelacionarse con persoas voluntarias do proxecto.
– Interrelacionarse con ong, escolares, asociacións xuvenís, …
– Interelacionarse coa cidadanía da contorna.
– Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.
– Descubrir actitudes e aptitudes propias no desenvolvemento das actividades do proxecto nas avaliacións persoais, grupais e como asociación.
– Dialogar cos educadores e educadoras presentes no proxecto para axudar a descubrir todo o bo que aporta o proxecto en si.
– Visibilizar os resultados do proxecto.
– Estar presentes na vida da contorna.
– Saír nas redes sociais da entidade, na web, nas publicacións da entidade e nos medios de comunicación.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
40 persoas
Nº Persoas voluntarias:
4
Identificación de problemas:
No Concello de Allariz existe unha clara tendencia ao envellecemento da sociedade, polo baixo número de xente moza e pola migración da mesma das zonas rurais cara outras zonas con maiores oportunidades vitais e profesionais.
O Instituto Galego de Estatística tamén aporta o datos da porcentaxe de poboación en Galicia en rexións predominantemente rural: vaise minorando, moi lentamente, nos últimos anos, pasando dun 23,8% en 2017 un 23,4% en 2023.
Dende hai anos detéctanse pola propia experiencia os seguintes indicadores:
– Aumenta significativamente o número de persoas maiores de 55 anos ou próximas á idade de xubilación que queren realizar unha tarefa de voluntariado en algunha entidade, ben sexa por unha cuestión socializadora, ou por realizar un servizo á comunidade na idade onde, a priori, se dispón de maior tempo libre.
– Xerar espazos con propostas concretas de actividades onde poidan compartir dun xeito activo persoas maiores e xuventude é unha alternativa a esta situación de compartimentos estanco por franxas de idade.
– Numerosos estudos perfilaron a alta vulnerabilidade que mostraron as persoas maiores á soidade. A ausencia de espazos grupais, actividades de voluntariado o asociacionismo é o motivo do aumento do deterioro cognitivo.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
348
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
58