Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

Nome do proxecto:

Contaxia experiencia

Data de realización:

18/11/2022 a
20/10/2023

Lugar de realización:

Allariz

Resumo:

-Promoción da agricultura sustentable (participarán na transmisión de coñecementos por parte das persoas voluntarias maiores en áreas de cultivo sustentable. Preténdese axudar a descubrir á xente moza os beneficios da agricultura de autoconsumo e de produción a mediana escala
-Cociña: traballarán de forma práctica nos procesos necesarios para distintos tipos de cociña.
-Roteiros: Estudarán e deseñarán roteiros da contorna do concello de Allariz coa finalidade de preservar a biodiversidade natural da zona, e a súa promoción turística.
-Oficios tradicionais: Tentarán recuperar oficios tradicionais populares da zona de actuación que quedaron en desuso, pero nos que o feito da súa realización artesanal sexa un valor engadido para unha posible produción a mediana escala.
-Actividades musicais: Traballarán na ampliación dos coñecementos e aptitudes musicais.

Obxectivos

-Dar a coñecer á xente moza as oportunidades vitais e profesionais que se poden desenrolar no medio rural mediante a transmisión de coñecementos e experiencias por parte das persoas maiores.
-Axudar á mellora do aumento da taxa de poboación dentro do área de influencia do concello de Allariz.
-Contaxiar un papel activo en persoas maiores de 55 anos e menores de 35.
-Interrelacionarse as persoas voluntarias entre elas e con outros colectivos doutras idades aportando o que viven.
– Aumentar a propia autoestima no desenvolvemento de proxectos vinculados ao benestar da comunidade en xeral.
-Visibilizar os resultados do proxecto: estar presentes na vida da contorna.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

120 persoas

Nº Persoas voluntarias:

14 persoas

Identificación de problemas:

Segundo se pode extraer dos datos aportados polo Instituto Nacional de Estatística, denotan unha clara tendencia ao envellecemento da sociedade neste concello, polo baixo número da xente moza e migración da mesma das zonas rurais cara outras zonas con maiores oportunidades vitais e profesionais.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

300 horas

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

50 días para cada actividade e persoa voluntaria.

Orzamento Concedido:

25.000,00 €

Anualidade 2022

10.465,00 €

Anualidade 2023

14.535,00 €

Queres facer voluntariado?