Fundación Amigos de la Barrera

Nome do proxecto:

E ti, de quen vés sendo?

Data de realización:

01/10/2022 a
01/10/2023

Lugar de realización:

Allariz, Oimbra, Armariz e Cartelle en Ourense; Arzúa, Ribeira e Carballo en Coruña; Ferreira de Pantón e Chantada en Lugo; Ponteareas e A Guarda en Pontevedra.

Resumo:

Encontros programados entre persoas voluntarias (7 persoas maiores e 7 persoas mozas que viven en zonas rurais) mediante os cales as persoas voluntarias maiores ou sénior convértense nas responsables de mostrar de modo sistemático ás persoas mozas a riqueza cultural, paisaxística, monumental e ecolóxica do lugar, mentres que as persoas mozas son as responsables de atender ás maiores, de gravar todo en vídeos dixitais (que logo editarán), de poñer en marcha unha rede social na que irán instalados os devanditos vídeos (así como futuras entradas e interaccións) e de ensinar ás persoas maiores o uso básico desa rede social, que terá por finalidade a promoción da devandita riqueza social, cultural e ecolóxica do lugar.
Para as persoas mozas será unha ocasión de coñecer e valorar o rural e de aprender ou desenvolver os seus dotes de gravación e edición, para as persoas maiores será a ocasión de aprender o manexo como usuario dunha rede social e de seguir ocupándose de modo permanente da difusión turística da súa zona.

Obxectivos

-Coidado persoal a persoas maiores de 65 anos no ámbito rural a través da promoción de actividades comunitarias, de encontro persoal, orientadas a poñer en marcha un sinxelo pero eficaz plan de promoción turística da poboación na que resida a persoa maior.
-Promover a conexión de xeracións, de modo que as persoas mozas acheguen acompañamento ás maiores e ensino dalgúns aspectos das novas tecnoloxías (ao servizo das necesidades das persoas maiores pero orientadas para a promoción turística local) e as persoas maiores acheguen coñecemento da riqueza cultural, etnolóxica e ambiental local, serán promotores culturais locais e transmitirán os valores de persoas, lugares, costumes, monumentos, ecosistemas…
-Instaurar, a través das redes sociais e diversos vídeos gravados e editados, a promoción de actividades, lugares, monumentos, etc. do patrimonio cultural e ambiental galego a través de procesos sinérgicos de micropromotores turísticos e sociais.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

150 (e todas as persoas que vexan os vídeos nas redes sociais)

Nº Persoas voluntarias:

14 (7 persoas voluntarias maiores e 7 mozas)

Identificación de problemas:

A calidade de vida decrece a medida que aumenta a idade. Esta afirmación aumenta aínda máis coa poboación maior que vive no medio rural onde, precisamente, a media de idade é superior e hai unha importante carencia de servizos. Por iso, o obxectivo é mellorar a vida das persoas habitantes do mundo rural maiores de 65 anos e incentivar ás persoas mozas.
A dixitalización pode ser a gran aliada para frear o despoboamento das zonas rurais así como da súa promoción, xa que a normalización do teletraballo e as xestións en remoto fan menos relevante o lugar de residencia. O risco está nas persoas sen habilidades dixitais, as persoas maiores, convertidas en analfabetos funcionais, nos excluídos do século XXI. E, polo mesmo, as zonas rurais perden unha ocasión única para a súa promoción turística, social e ambiental.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

20.000,00 €

Anualidade 2022

8.372,00 €

Anualidade 2023

11.628,00 €

Queres facer voluntariado?