Fundación Eduardo Pondal
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
O obxectivo xeral é aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias implicadas para contribuír a xerar máis oportunidades para a mocidade, axeitadas ás necesidades reais do medio rural, e a formación de fogares no rural, contribuíndo á modificación da estrutura poboacional e ao aumento da taxa de poboación, ao mesmo tempo que garante un recoñecemento da experiencia das persoas maiores.
O presente proxecto contribúe, así mesmo, a fortalecer mecanismos de conexión e de transferencia de saberes e coñecementos, especialmente naqueles sectores que presentan maiores dificultades de relevo xeracional, e o fomento de relacións interxeracionais.
Obxectivos
– Recuperación e/ou a renovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona, grazas á participación de dúas mulleres cunha ampla experiencia no eido da horta agroecolóxica e a costura.
– Impulso de novas iniciativas locais en materia de produción de produtos agroalimentarios de calidade e sostibles de cara a súa proxección no mercado, a través da análise da posibilidade de impulsar novas iniciativas de emprendedurismo rural baseadas nos modelos da economía social e solidaria que podan ter proxección no mercado.
– Recoñecemento e posta en valor da riqueza medioambiental, patrimonial ou turística da zona coas súas fortalezas e debilidades. Neste caso, o recoñecemento centrarase no valor arqueolóxico e ornitolóxico da zona.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
280 persoas
Nº Persoas voluntarias:
10
Identificación de problemas:
O despoboamento do rural é un problema global, pois acontece a niveis mundiais e tamén a niveis locais. Supón o abandono de zonas de campo, do interior ou costeiras, en favor da ocupación das cidades. Na actualidade este fenómeno supón para o estado español, e máis aínda para Galicia dada a nosa idiosincrasia, unha “pandemia social que precisa vacina con urxencia e tamén medidas terapéuticas” (Santalices, 2021). Pois o rural galego está en perigo de converterse nun “deserto demográfico” que se agrava ano tras ano coa reiterada perda de poboación en toda a nosa comunidade. De feito, as estatísticas do Ministerio de Agricultura sitúan a Galicia á cabeza das rexións máis despoboadas no rural. Nos últimos doce anos, a poboación das aldeas galegas baixou nun 18%, case oito puntos máis que a media estatal, que se sitúa nun 10%. Galicia é un dos territorios máis envellecidos, só superado por Asturias (38%) e Castela e León (36,6 %). Con todo, e segundo a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN), para os vindeiros anos acentuarase o proceso de envellecemento da poboación galega, calculando que para o ano 2024, o 42,5 % da poboación galega terá 55 ou máis anos e no ano 2050 chegará ao 47,6 %. No futuro, a curto ou longo prazo, a poboación galega seguirá envellecendo de forma paulatina.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
90 horas
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
15 días