Fundación Ronsel

Nome do proxecto:

Chantada – Voluntariado interxeracional

Data de realización:

01/06/2024 a
31/10/2024

Lugar de realización:

Comarca de Chantada (Lugo)

Resumo:

Fomentar o intercambio de coñecementos, habilidades e experiencias entre persoas voluntarias de diferentes xeracións, promovendo o emprendemento e as oportunidades laborais na comarca de Chantada.

Obxectivos

– Desenvolvemento de habilidades e competencias emprendedoras e laborais.
– Empoderamento persoal e profesional.
– Redución da brecha xeracional.
– Enriquecemento cultural.
– Fomento do emprendemento e autoemprego.
– Desenvolvemento de redes de contacto.
– Promoción do voluntariado activo e sostible.
– Visibilidade e promoción de iniciativas no rural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

60 persoas

Nº Persoas voluntarias:

4

Identificación de problemas:

O municipio de Chantada presenta un entorno con numerosas oportunidades para o desenvolvemento empresarial e profesional, sen embargo, atópase con importantes desafíos polo avellentamento da poboación, a dispersión xeográfica e a necesidade de mellora de infraestrutura tecnolóxica e equilibrar o desenvolvemento económico, que requiren unha intervención específica na zona. As principais oportunidades e o interese social do proxecto, consistirían en:
– O desenvolvemento do tecido empresarial local e creación de emprego a través da mentorización. A mocidade poderá recibir orientación para desenvolver proxectos emprendedores e laborais, contribuíndo á dinamización económica e á creación de novas empresas en zonas rurais.
– O aproveitamento do talento local, a iniciativa permite que as persoas maiores con ampla experiencia profesional poidan compartir os seus coñecementos e habilidades, evitando a perda deste valioso recurso humano na comunidade.
– O fomento da cultura emprendedora, potenciando unha mentalidade emprendedora entre a mocidade nun contexto rural adaptado ás necesidades da zona.
– O reforzo das redes comunitarias, o voluntariado interxeracional pode fortalecer as relacións sociais e fomentar a solidariedade entre diferentes grupos de idade, creando unha comunidade máis cohesionada.
– A visibilidade e apoio ao rural: Este tipo de iniciativas poñen en valor o potencial do rural galego, destacando as súas oportunidades e atraendo recursos e atención cara as estas áreas que frecuentemente son menos visibles.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

90

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

15

Orzamento Concedido:

15.000,00 €

Queres facer voluntariado?