ONGD Senvalos

Nome do proxecto:

Rural+ Senvalos

Data de realización:

01/10/2022 a
20/11/2023

Lugar de realización:

O proxecto desenvolverase nos concellos de Negreira, no ámbito dos coidados, e en Oza-Cesuras, no ámbito agroalimentario

Resumo:

– Proxecto orientado ao establecemento dun sistema de coidados para persoas con autonomía pero que precisan apoios puntuais en determinados períodos de tempo no concello de Negreira. Este sistema de coidados estará deseñado e executado co apoio do voluntariado de orixe migrante principalmente que a entidade ten en Negreira, que en maior medida coñecen as demandas de coidados na localidade, xa que é unha das súas principais fontes de emprego.
– Potenciar a aproximación á agricultura ecolóxica como modelo de medio de vida e produtivo para o asentamento do colectivo migrante no rural galego. Esta actividade desenvolverase no concello de Oza-Cesuras, na finca certificada polo CRAEGA cedida pola Asociación Benéfica Renacer para o desenvolvemento deste proxecto na parroquia de Santa María de Cuiña. Con este proxecto pretendemos facilitar a accesibilidade e acortar os tempos de rendibilidade dunha explotación agroecolóxica, facilitando a formación e planificación de cultivos e a orientación da comercialización cara á venda conxunta con outros produtores locais da zona nos comedores colectivos de colexios e empresas

Obxectivos

Favorecer a inclusión sociolaboral plena do colectivo migrante e outros colectivos en situación de desemprego no ámbito rural en sectores relacionados cos coidados e a agricultura ecolóxica mediante a dinamización de voluntariado interxeracional.

-Desenvolver un modelo de xestión dos coidados no ámbito rural que promova unha atención personalizada e de calidade a persoas autónomas que precisen coidados, potenciando bolsas de emprego que conecten persoas formadas e capacitadas con demandantes de coidados.
-Potenciar un modelo de produción agroecolóxica e de comercialización baseado nunha economía circular e sustentable que permita facilitar e acelerar o acceso a novos medios de vida no rural a persoas migrantes e en risco de exclusión social.
-Fomentar o intercambio de coñecementos entre persoas voluntarias maiores de 55 anos e menores de 30 anos en proxectos específicos no ámbito rural de atención a coidados e produción agroecolóxica.
-Posibilitar a participación social de colectivos migrantes e vulnerables para mellorar o seu entorno, visibilizando a súa achega a novos modelos sostibles de desenvolvemento rural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

325 persoas.
Persoas con autonomía pero demandantes de coidados ou apoios puntuais no concello de Negreira (100), persoas desempregadas ou con baixa empregabilidade, con formación e capacitación para a atención en coidados (25), persoas produtoras ou con intención de producir en agroecoloxía no entorno da Reserva da Biosfera das Mariñas e as súas familias (50). Consumidoras/es dos produtos agroecolóxicos resultantes dos cultivos promovidos no proxecto (150)

Nº Persoas voluntarias:

14 (8 Negreira e 6 Oza-Cesuras).

Identificación de problemas:

Na actualidade España, e en concreto Galicia e a provincia da Coruña, pasaron de ser sociedades xeradoras de emigración a constituírse como receptoras de fluxos migratorios, posibilitando contextos multiculturais enriquecedores, pero tamén relacións de integración complexas. As migracións configuran un proceso demográfico de especial complexidade que presenta grandes desafíos políticos para os países de destino, entre eles respectar, protexer e garantir os Dereitos Humanos. Desta maneira, a inmigración é un sinal de identidade da nosa sociedade polo que é necesario abordar o tema co obxecto de contribuír á mellora da convivencia intercultural e da cohesión social. Galicia converteuse nunha sociedade de acollida de amplos colectivos de inmigrantes e persoas refuxiadas.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

60 días, 6 horas cada día por cada persoa voluntaria.

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60 días

Orzamento Concedido:

25.000,00 €

Anualidade 2022

10.465,00 €

Anualidade 2023

14.535,00 €

Queres facer voluntariado?