Valoresc Innovation
Nome do proxecto:
Data de realización:
Lugar de realización:
Resumo:
-Na liña de coidados: detección das necesidades da zona coa axuda das nosas persoas voluntarias. Necesidades das persoas maiores dependentes como prioritarias, ou con necesidades especiais, realización dun estudo das necesidades básicas e coidados, así como a creación dunha bolsa de emprego para a atención e acompañamento destas persoas, coa axuda das nosas persoas voluntarias que analizarán a situación e necesidades destes Concellos do rural e contactarán con persoas desempregadas, especialmente aquelas que estean en exclusión social que precisen un emprego, xa que dende a entidade temos unha base de datos moi ampla de persoas que están en busca de emprego e vemos unha necesidade social moi demandada e latente no feito de que maiores que están en aldeas precisan a unha persoa que os vaia a atender ou realizar tarefas determinadas, e hai xente preparada para iso que a podemos interconectar e facerse así un ben común.
-Liña turística: Dar a coñecer e engadir valor ás zonas rurais da provincia de Ourense
-Liña de cohesión tecnolóxica e dixital: desenvolvemento de varias formacións en competencias dixitais para o achegamento ás novas tecnoloxías e para axudarlles a manterse activos e con adaptación aos novos tempos (uso do móbil, whatsapp, informática…).
Obxectivos
Aproveitar o talento e a experiencia das persoas maiores voluntarias implicadas para contribuír á modificación da estrutura poboacional, tratando de aumentar a taxa de poboación nas zonas rurais, ofrecendo oportunidades vitais axeitadas ás necesidades reais do medio rural e mellorar as condicións de vida e os servizos sociais e asistenciais de proximidade, axudar e colaborar en iniciativas de investigación, innovación e mellora do medio rural, recoñecer as posibilidades que ofrece o medio rural e amosar á mocidade as oportunidades de futuro que pode achegar tanto a nivel individual como social e, por outra banda, recoñecer a experiencia das persoas maiores en diferentes eidos produtivos, así como captar as súas necesidades asistenciais, culturais ou vitais máis inmediatas en función das súas preferencias e desexos, axudar no plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión, na modernización e reforzo do conxunto dos servizos sociais, con especial atención ao modelo de coidados de longa duración, promovendo así a innovación e un modelo de atención centrada na persoa e impulsando a desinstitucionalización, realizar actividades baseadas no recoñecemento da experiencia das persoas maiores que poidan servir como catalizador para fomentar as iniciativas das persoas máis novas.
POBOACIÓN BENEFICIARIA:
2100 persoas, pero pode incrementarse ou non dependendo das actuacións necesarias que detecten no territorio na fase de planificación.
Nº Persoas voluntarias:
14, 7 persoas maiores de 55 anos e outras 7 menores de 35 anos
Identificación de problemas:
Cando as persoas maiores realizan actividades con propósito isto fai que sexan máis felices, que a súa vida siga tendo sentido e un propósito. Promover unha filosofía máis de equipo e comunidade, solidaria e participativa con persoas que queren que a nosa cidade teña un futuro mellor, e que interactúan entre el@s e máis no rural permitirá deixar as súas experiencias de vida e coñecementos a vindeiras xeracións e contribuirá a minimizar problemas varios detectados en diferentes ámbitos da nosa sociedade, en concreto en áreas rurais en varios ámbitos nos que convén actuar: a despoboación e falta de atractivo e de novas oportunidades para o asentamento das persoas mozas, a dispersión xeográfica, ter que modificar a economía dos coidados e facer fronte á necesidade de reforzo das políticas de igualdade e inclusión, facer fronte á soidade, aillamento emocional e falta de coidados, carencia de modelos dixitais en moitos fogares do rural, necesidade de colocar no mapa a territorios que non o están ou que poden estar mellor, facer fronte ao cambio climático promovendo tamén outros modelos de relación e de vida máis humanos e sostibles no tempo.
Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:
360
Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:
60, 6 horas ao día