Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

Nome do proxecto:

Proxecto interxeracional: Promoción do cultivo ecolóxico e transformación do centeo dun xeito tradicional.

Data de realización:

01/11/2022 a
31/10/2023

Lugar de realización:

A Mezquita

Resumo:

A posta en marcha deste proxecto interxeracional permitirá levar a cabo varias iniciativas para a promoción do cultivo ecolóxico e transformación do centeo da Mezquita dun xeito tradicional. A intención é realizar o proceso completo, involucrando ás persoas voluntarias -mozas e maiores- en todas e cada unha das tarefas. As iniciativas que abarca son as seguintes: Sementado da leira, sega, malla, moer e peneirar, elaboración do pan, feira de artesanía.

Obxectivos

O obxectivo deste proxecto e levar a cabo unha promoción do cultivo ecolóxico do centeo e da súa transformación tradicional, involucrando no proceso da transformación as distintas xeracións, traspasando os coñecementos dos maiores á mocidade.

1. Recuperar e renovar actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
2. Impulsar iniciativas locais encamiñadas á produción do centeo.
3. Contribuír a unha economía circular e sostible.
4. Garantir a transmisión de coñecementos de xeracións en xeracións.
5. Poñer en valor os recursos naturais cos que conta o municipio.
6. Establecer o pan de centeo -produto final do proceso- como elemento de referencia na localidade.
7. Sensibilizar á poboación para a súa participación en accións de carácter voluntario.
8. Outorgar a importancia que se merece á formación non formal.
9. Fomentar o voluntariado como estratexia de mellora na calidade de vida da comunidade rural.
10. Aportar á mocidade unha visión de existencia de oportunidades no medio rural.

POBOACIÓN BENEFICIARIA:

400 persoas

Nº Persoas voluntarias:

14

Identificación de problemas:

No ano 2019, a entidade local decidiu poñer en marcha unha plantación de centeo do país e trigo callobre, tratábase dun proxecto piloto no que se pretendía analizar a viabilidade deste cultivo, así como a súa transformación dun xeito tradicional.
Tras coñecer as características detalladas de ambos cultivos, levouse a cabo un estudo dos factores físicos, bióticos e socio-económicos da zona para coñecer a viabilidade da plantación de centeo do país e trigo callobre. A Mezquita caracterizouse así como un enclave idóneo para o cultivo de ambos cereais.
O proxecto resultou ser absolutamente viable, aínda que existen no camiño certas trabas como a inexistencia dun relevo xeracional nas tarefas, o escaso coñecemento por parte das novas xeracións do cultivo de ambos cereais ou a falta de man de obra para levar a cabo as distintas fases do proceso.

Nº horas de desempeño por parte de cada persoa voluntaria:

360

Nº de días nos que participará cada persoa voluntaria:

60

Orzamento Concedido:

25.000,00 €

Anualidade 2022

10.465,00 €

Anualidade 2023

14.535,00 €

Queres facer voluntariado?