Proxectos

Procurar

Subvencionables

Entidades

Nome do proxecto:

Proxecto interxeracional: Promoción do cultivo ecolóxico e transformación do centeo dun xeito tradicional.

Data de realización:

01/11/2022
a 31/10/2023

Lugar de realización:

A Mezquita

Resumo:

A posta en marcha deste proxecto interxeracional promoverá o cultivo ecolóxico e a transformación tradicional do centeo na Mezquita, involucrando ás persoas voluntarias en todas as tarefas, como sementar, segar, moer, facer pan e feira de artesanía.

Nome do proxecto:

Acompaña2.0: Voluntariado interxeracional no medio rural

Data de realización:

03/10/2022
a 20/10/2023

Lugar de realización:

Casas do Maior en Laxe, Camariñas, Cee, Mazaricos, Coristanco e Ponteceso.

Resumo:

Proxecto innovador que fomenta solidariedade e interxeracionalidade nas Casas do Maior, conectando xeracións e promovendo o envellecemento digno e inclusión tecnolóxica, atendendo ás necesidades de persoas maiores en situación de soidade e vulnerabilidade.

Nome do proxecto:

Uve de

Data de realización:

15/11/2022
a 15/10/2023

Lugar de realización:

Concello de Vedra

Resumo:

Promoción turística, destacando zonas de interese e historia. Proxecto “Agrovedra” para compartir coñecementos na agricultura. Liña Dixital “Vedrea” para conectar diferentes xeracións coas tecnoloxías.

Nome do proxecto:

Somos referentes. Programa de voluntariado para a valorización social e patrimonial dos concellos de Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía.

Data de realización:

01/12/2022
a 20/10/2023

Lugar de realización:

Vilar de Barrio, Laza e Xunqueira de Ambía

Resumo:

O proxecto pretende desenvolver unha serie de accións de base social que poñan en valor o potencial intrínseco do voluntariado como eixo vertebral para o intercambio de experiencias.

Nome do proxecto:

E ti, de quen vés sendo?

Data de realización:

01/10/2022
a 01/10/2023

Lugar de realización:

Allariz, Oimbra, Armariz e Cartelle en Ourense; Arzúa, Ribeira e Carballo en Coruña; Ferreira de Pantón e Chantada en Lugo; Ponteareas e A Guarda en Pontevedra.

Resumo:

Detección de necesidades, bolsa de emprego, turismo rural e formación en tecnoloxía para mellorar a vida nas zonas rurais de Ourense.

Queres facer voluntariado?

TALENTO INTERXERACIONAL

Últimas novas